O Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) constitúese para propiciar o desenvolvemento dunha investigación interdisciplinar no ámbito da Biomedicina, a través da interacción e colaboración dos equipos integrados no centro, e destes con grupos relevantes doutras institucións a nivel nacional e internacional.
- O Centro, nun edificio de nova construción, conta con 12.945 m2 de superficie e 22 laboratorios de investigación. Os laboratorio do CIMUS foron diseñados baixo premisas de flexibilidade, seguridade e sostenibilidade e dispón da máis moderna tecnoloxía co fin de garantir os seus investigadores a mellor calidade nos seus resultados.
- Entre as instalacións dispoñibles, destacan:
- Animal facility
- Unidade de cultivos celulares
- Unidade de imaxen e microscopía confocal
- Unidade de proteómica
- Unidade de microdisección laser
- Unidade de visualización de tumores in vivo
- Unidade de screening farmacolóxico
- Plataforma de Bioestadística
- Plataforma de Bioinformática
- Unidade de Xenotipado
- Na actualidade, o CiMUS conta con 32 Investigadores Sénior seleccionados aínda que a súa capacidade (250 investigadores) se completará a medio prazo a través dos Programas de Captación de Talento e as incorporacións á Agrupación Estratéxica de Campus Vida.
- As principais liñas de investigación do CiMUS céntranse en áreas temáticas como o Cancro, a Endocrinoloxía e Nutrición, Cardiovascular e Neurociencia, así como en áreas xerais como a xenética e a xenómica funcional, terapias experimentais e Bioestatística:
Síguenos en...