Campus Vida integra unha Rede de Centros Singulares de Investigación, especializados en diferentes ámbitos complementarios das Ciencias da Vida e organizados para garantir o equilibrio produtivo entre excelencia científica e impacto socioeconómico.
O obxectivo principal destes Centros, é incrementar a capacidade e impacto da actividade investigadora dentro da cadea de valor coñecemento-valorización-innovación e xerando impacto científico, social e económico.
- Os Centros Singulares de Investigación organízanse e actúan de acordo aos seguintes principios básicos:
- – Investigación interdisciplinar en áreas estratéxicas cunha clara orientación á transferencia de coñecemento e a xeración de retornos á sociedade.
- – Asesoramento continuado por parte de comisións científicas externas de primeiro nivel, que participan tanto na definición temática do centro coma no proceso de selección de investigadores e na avaliación continuada da actividade investigadora.
- – Actividade científica baseada nunha planificación estratéxica rigorosa e mecanismos de financiamento ligados ao cumprimento de obxectivos.
- – Dirección científica executiva e eficaz, que coordine as capacidades dos grupos de investigación para lograr os obxectivos comúns que se formulen para o centro.
- – Xestión profesional da actividade do centro a través dun responsable de xestión da investigación e dun sólido equipo de apoio técnico e administrativo.
- – Tamaño medio (entre 100 e 300 investigadores)

- Órgano de Goberno: Comisión Reitora e máximo órgano de decisión, integrada pola representación institucional e a participación dos axentes sociais, económicos e empresariais asociados a Campus Vida.
- Órgano(s) de Dirección: Cun Director Científico que poderá nomear, se é o caso, responsables de programa con responsabilidades na coordinación das súas respectivas unidades de investigación.
- Órgano de Xestión: Xestor Técnico con competencias na xestión económica, administrativa e de persoal e a xestión técnica especializada da investigación.
- Órgano de asesoramento: Comisión Científica Externa, constituída por investigadores de máximo prestixio e con experiencia en dirección científica, alleos á USC.
Síguenos en...