Prema aquí para acceder á web do IDIS Prema aquí para acceder á web do IDICHUS
O Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago (IDIS), constituído en xaneiro do 2008, é un dos 13 institutos de investigación sanitaria acreditados en todo o estado polo Instituto de Saúde Carlos III e o único en galicia con tal recoñecemento. O IDIS configúrase como un sistema de innovación e transferencia de coñecemento de marcado carácter translacional, aproveitando e ampliando a colaboración histórica e o enorme potencial de sinerxías entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, entidades ás que están vinculados os máis de 50 grupos de investigación do Instituto.
A misión do IDIS é facilitar a innovación efectiva nos servizos de saúde a través da xestión do coñecemento en biomedicina xerado polos máis de 500 investigadores que o constitúen. Estas potentes capacidades fixeron posible o desenvolvemento dun alto nivel investigador no hospital, que se apoia na Fundación IDICHUS para xestionar e potenciar a investigación levada a cabo no Complexo hospitalario e no IDIS.
As temáticas da investigación feita no Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago (IDIS) poden resumirse en 5 áreas verticales e 2 transversales:
As principais líneas de investigación desenvoltas no Instituto son:
• Cancro
• Enfermidades Cardiovasculares
• Enfermidades Endocrinas, Nutricionales e Metabólicas
• Enfermidades Músculo esqueléticas e do Aparato locomotor
• Enfermidades Neurolóxicas
• Enfermidades Infecciosas
• Epidemioloxía, Saude Pública e Servicios de Saude. Atención Primaria
• Xenética e Bioloxía de sistemas
• Inflamación
Entre os recursos e capacidades máis utilizados figuran:
• Plataforma de Epidemioloxía Clínica (apoio metodolóxico)
• Plataforma da Imaxen
• Plataforma de Proteómica
• Plataforma de Xenotipado
• Unidade de Citometría de Flujo
• Biobanco de mostras biolóxicas
• Estabulario
A estreita colaboración entre a USC e o CHUS ponse de manifesto no feito de que en máis da metade das publicacións do IDIS participan investigadores de ambas as dúas entidades.
A principal fortaleza do IDIS radica no ámbito no que xorde e se sitúa: os grupos de investigación biomédica da USC e os grupos clínicos do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, cuxa actividade investigadora se xestiona dende a Fundación IDICHUS.