Rede de Institutos de investigación Sanitaria
O Sistema Público de Saúde en Galicia promoveu a creación dunha rede de Institutos de Investigación Sanitaria adscritos aos principais Hospitais da rede pública de Galicia, propiciando a súa interacción e integración organizativa coas Universidades galegas.
Os Institutos de Investigación Sanitaria de Galicia organízanse sobre as seguintes premisas:
- Integración cultural e organizativa dos grupos de investigación máis competitivos pertencentes ao Hospital, a Universidade e outras institucións de I+D, sobre a base dunha estratexia de investigación compartida.
- Plan Científico centrado no paciente.
- Compromiso coa transferencia dos resultados da investigación á práctica clínica.
- Activo en canto á súa contribución ao desenvolvemento económico e social de Galicia, accesible á cidadanía e en permanente contacto coa Sociedade.
- Sistemas de xestión, organización e información autónomos e eficientes.
- Con vocación docente e garantía de excelencia investigadora.
- Alinear nun plan estratéxico os obxetivos dos grupos que integran o instituto
- Apostar pola dimensión internacional