A Escola de Doutoramento Internacional de Ciencias Biomédicas e Tecnoloxías da Saúde (Biomedical Sciences and Health Technologies Doctoral School) está dotada dunha oferta integrada e interdisciplinar en inglés na área de Biosanitaria.
Transversalidade + Unidade + Paixón pola Excelencia + Visibilidade
A través da Escola de Doutoramento Internacional, os investigadores predoctorais reciben unha formación complementaria á investigadora, con un enfásis especial na formación transversal. Organizanse cursos específicos, así como actividades de encontro ye visibilización do seu traballo que sirvan de trampolín para o desenvolvemento de futuras interaccions e colaboracions no ámbito da investigación.
- Converter a Escola Internacional de Doutoramento nun cluster de saúde e benestar fortemente integrado no tecido académico, social e económico da comunidade galega, actuando como polo de atracción de talento e mobilidade de estudantes, profesores, investigadores e profesionais relacionados coas Ciencias da Vida.
- Proxectar a Escola de Doutoramento á primeira liña do ámbito internacional sendo unha plataforma de lanzamento ao ámbito internacional, mediante acordos con universidades e empresas estranxeiras. O obxectivo final é posicionar internacionalmente a Escola de Doutoramento para que sirva como xerme e impulso da economía do coñecemento no campo da saúde e do benestar.
- A Escola rexerase polo seu Regulamento Académico, que, atendendo ás normas administrativas e docentes que deberá establecer o Ministerio de Educación, contemplará:
-
- – Estructura organizativa e funcionamento dos seus órganos de goberno
- – Funcións, dereitos e deberes dos seus membros
- – Asignación de proxectos de teses así como a de tutores y directores
- – Rexistro das actividades, criterios de admisión, permanencia e defensa das teses
- – Programa formativo propio
- – Sistema de Garantía Interno de Calidade que permita monitorizar as actividades desenvoltas
- Estructura de goberno:
- Directora: Dra. Montserrat Nogueira Alvarez
- Oficina técnica: Dra. Ana Canda Sánchez
- A Escola nace con o obxetivo de formar investigadores nos seguintes ámbitos de coñecemento:
- – Investigación Biolóxica aplicable á saude
- – Mecanismos Moleculares, celulares y xenéticos da saude e a enfermidade
- – Innovación Terapéutica, deseño de fármacos e desenvolvemento de medicamento
- – Investigación Clínica e Traslacional
- – Investigación en Ciencias Veterinarias
- – Investigación en Psicoloxía Clínica e da Saude
- – Ámbito sociosanitario: educación para a saude
- – Ciencias Sociosanitarias, e Deporte, Educación Física e Ocio Saudable
- – Neurociencia e Endocrinoloxía
- – Metodoloxía e Aplicacións en Ciencias da Vida
- É importante destacar que a incorporación dos Institutos de Investigación Sanitaria asociados a grandes Hospitais da comunidade ampla o ámbito da Escola de Doutormento ata o asistencial.
- Por outra parte, diversas empresas mostrarón xa o seu interese en ofertar tanto as súas capacidades docentes, coma a incorporación de estudantes aos seus laboratorios.
Síguenos en...