É noticia…Seminario: Tamaño mostral: Como considerar n axeitadamente?

O próximo 20 de xuño ás 13:30h no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela (aula 1, planta 0), terá lugar o seminario no marco da serie Seminarios do IDIS co título: Tamaño mostral: Como considerar n axeitadamente?. Será impartido por Marta Cuntín González de Biostatech S.L: Spin-off de bioestatística da Universidade de Santiago de Compostela.No ámbito clínico é imprescindible realizar un deseño experimental idóneo, que achegue maior validez aos nosos resultados e calidade científica ás nosas conclusións.

Para iso é fundamental determinar a priori o tamaño mostral (n) necesario en función do obxectivo que se persiga no noso estudo. Realizar este cálculo a posteriori pode dar como resultado unha mostra non adecuada e realizar este cálculo a posteriori incrementar así os custos de execución. Non obstante, os profesionais do ámbito da saúde non sempre dispoñen das ferramentas necesarias para este cálculo ou a complexidade do estudo supón unha importante limitación nesta tarefa.

Este seminario abordará as principais metodoloxías existentes na selección e deseño da mostra, presentando os problemas máis comúns, así como as posibles solucións concretas nestes casos.

Preténdese mostrar aos investigadores a importancia dos parámetros a fixar e as condicións que se deben verificar, para obter unha mostra representativa e poder extrapolar así os resultados á poboación obxecto de estudo con menores marxes de erro.

Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.