É noticia…O Cesga pon ao servizo do estudo do xenoma ata 1.200 procesadores

Onte a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e o Cesga presentaron, junto cos conselleiros de Economía e Cultura, un convenio polo que a fundación dispoñerá de ata 1.200 procesadores con 2.400 gigabytes de memoria e varias decenas de terabytes de almacenamento de datos do Cesga á súa disposición para o estudo dos datos obtidos a través da ultrasecuenciación do xenoma.

Os avances neste campo permitiron que se poida secuenciar o ADN en días e ademais abren moitas posibilidades diagnósticas e de estudo de enfermidades graves e tamén raras.

Inxente información

Para o estudo destas inxentes cantidades de información son necesarios entre seis e sete terabytes para o procesamento da información e unos dous teras anuais para o almacenamento de datos, e ademais do estudo de enfermidades abre a porta, por exemplo, a usos comerciais de secuenciación do xenoma de especies animais e vexetais.

Unha vez a Fundación de Xenómica remate de usar esta capacidade de procesamento, esta pasará a estar dispoñible para o resto de usuarios do Cesga.

Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.