É noticia…Lonza Biologics Porriño visita o Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS) de Campus Vida

O pasado 19 de decembro tivo lugar a visita ás instalación do CIMUS dunha delegación de 20 técnicos e investigadores da empresa Lonza Biologics Porriño, S.L. Durante a mesma puideron coñecer in situ as características e o funcionamento de algunhas das unidades integradas no CIMUS como a Plataforma de Screening Farmacolóxico, a Plataforma de Xenotipado e a Unidade de Cultivos Celulares.
Lonza Biologics Porriño é un centro de producón integrado na Divición de Custom Manufacturing do Grupo Lonza, un dos principais proveedores a nivel mundial das industrias farmacéuticas, da saúde e das ciencias da vida.Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.