É noticia…Conferencia “Vacinas de nova xeración fronte ao virus da lingua azul” impartida polo profesor Javier Ortego Alonso

O vindeiro venres 19 de abril ás 12:15 h, na aula de seminarios do CIQUS, o profesor Javier Ortego Alonso impartirá a conferencia sobre vacinas de nova xeración fronte ao virus da lingua azul.

O virus da lingua azul (BTV), que pertence ao xénero Orbivirus, causou recentemente importantes brotes en Europa. Este virus produce a enfermidade da lingua azul ou febre catarral ovina, enfermidade infecciosa non contaxiosa que se transmite pola mordedela de insectos do xénero Culicoides, os cales actúan como vectores competentes na transmisión do virus.

Javier Ortego é doutor pola Universidade Autónoma de Madrid no ano 1994. Realizou diversas estanzas postdoutorais entres elas 4 anos na Universidade de Yale e de 6 anos no Centro Nacional de Biotecnoloxía-CSIC. Traballou baixo o programa Ramón e Cajal no Centro de Investigación en Sanidade Animal (INIA) no ano 2005 e posteriormente foi nomeado científico titular de OPIS dende o ano 2009 ata o presente neste mesmo centro.

Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.