É noticia…A graxa fai que se resista a hormona ‘antiobesidade’

Un estudo realizado sobre ratas polo Centro de Investigación Biomédica en Rede-Fisiopatoloxía da Obesidade e a Nutrición (CIBERobn), que dirixe Felipe Casanueva, catedrático da USC e xefe do servizo de Endocrinoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e a doutora María Pardo, descobre, que a graxa fai que se resista a hormona ‘antiobesidade’, afectando a persoas co Índice de Masa Corporal elevado.

Segundo se desprende do estudo, que acaba de ser publicado na revista científica de difusión internacional Plos One, as persoas cun Índice de Masa Corporal (IMC) elevado poderían ter resistencia á hormona contra a obesidade FNDC5/irisina, a cal é, ademais dunhamioquina secretada polo músculo en resposta ao exercicio físico, “unha adipoquina liberada polo tecido adiposo branco”.

Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.