Dous traballos de investigación da Facultade de Farmacia de Campus Vida, premiados pola revista Correo Farmacéutico

Na categoría de Investigación, farmacoloxía e produtos recoñeceuse á unidade mixta de investigación USC-Esteve, unha iniciativa da catedrática da USC Mabel Loza.

Esta unidade é a primeira colaboración público-privada en I+D de Galicia baseada no modelo de innovación aberta. Este tipo de iniciativas emerxe como unha das claves para acelerar o desenvolvemento de medicamentos. Emprazada no CIMUS, o seu obxectivo é o desenvolvemento e implementación de métodos robotizados de determinación da actividade farmacolóxica in vitro de potenciais novos medicamentos. A unidade está vinculada coa rede galega de I+D farmacéutica que integran grupos das tres universidades públicas, de tres fundacións hospitalarias e da rede COMBIOMED do Instituto Carlos III.

No apartado Profesión e deontoloxía destaca o estudo ‘O consello farmacéutico: avaliación do seu impacto na demanda asistencial en atención primaria’ estudo no que participou, o profesor de Saúde preventiva de Campus Vida, Francisco Caamaño Isorna, xunto co Colexio Oficial de Farmacéuticos de León e o Centro de Investigación Biomédica en Rede de Epidemioloxía e Saúde Pública (Ciberesp). Este estudo analiza canto lle custaría ao servizo de Saúde de Castela e León (Sacyl) se non se dese consello farmacéutico nas oficinas de farmacia. Unha das conclusións é que só a provincia de León, na que os pacientes fan ao redor dun millón de consultas ao ano nas boticas, supón un aforro en atención primaria duns 80 millóns de euros.

Estes traballos foron recocidos pola revista especializada Correo farmacéutico na oitava edición dos premios ás Mellores Iniciativas da Farmacia do Ano.Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.