Decoceras, unha spin-off da USC, na final do Premio RedEmprendia

RedEmprendia, é unha rede universitaria iberoamericana, formada por 20 universidades, que busca promover a transferencia de coñecemento, e desenvolvemento tecnolóxico, e a innovación e o emprendemento responsable. O Premio RedEmprendia ‘da Universidade á Empresa’ do que se celebra este ano a súa primeira edición, contou cun total de 130 propostas de 67 universidades iberoamericanas, e entre os finalistas se encontra a spin-off,Decoceras, creada pola doutora en Bioloxía, María Córdoba Otero.

A intuición de que o que estaba a investigar para a súa tese “podía ter unha aplicación empresarial” é o punto de partida desta empresa que na actualidade está avalada pola incubadora de empresas da USC, Uninova, pola Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento e participada pola propia institución académica.

Constituída formalmente dende xuño de 2012, Deroceras é unhaspin-off de base tecnolóxica dedicada ao desenvolvemento de modelos predictivos para a prevención, xestión e control eficiente de pragas e enfermidades dos cultivos agrícolas.

Presentarse a este premio, permite á creadora da empresa, defender o seu proxecto no marco do foro internacional e coñecer outra xente que está a poñer en marcha a súa empresa e que pertence ao sector biotecnolóxico igualmente.Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.