CIQUS estrea nova Web

“Benvido á Web do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS) “, así recíbete a nova Web, http://www.usc.es/ciqus do CIQUS, dispoñible na rede dende o pasado Martes. A Web proporcionará e informará a quen o desexe sobre as distintas áreas temáticas, grupos e investigadores que integran o CIQUS, así como información acerca da súa estrutura organizativa, os recursos técnicos e instalacións dos que dispón, eventos, premios, noticias, etc.
O CIQUS é unha das seis grandes infraestruturas científicas que constitúen a Rede de Centros Singulares do Campus de Excelencia Internacional – Campus Vida. Estes espazos de investigación están especializados en diferentes ámbitos da I+D en ciencias e tecnoloxías da vida, e actúan nun ámbito cooperativo con facultades, hospitais e empresas co obxectivo de consolidar un dos mellores bioclusters do mundo.

No CIQUS lévanse a cabo investigacións de relevancia internacional, como a que lidera Francisco Ribadulla, gañador dunha Starting Grant, concedida polo European Research Council, vai desenvolver un proxecto de investigación en nanomateriais termoeléctricos, ou as novas liñas de investigación na área de Química Biolóxica, desenvolvemento de novos fármacos, síntese de novos sistemas moleculares, etc. Completando esta investigación, o CIQUS, tamén realiza proxectos que complementan liñas de investigación realizadas noutros centros Red de Centros Singulares de Campus Vida ou da Rede de Centros Biosanitarios del Sistema Hospitalario Gallego. Así, unha das liñas de investigación de Ricardo Riguera e Eduardo Fernández Megía, ambos os dous adscritos ao CIQUS, sintetiza novas nanoestruturas poliméricas para aplicacións biomédicas como transportadores de fármacos, proxecto que desenvolven en colaboración cos grupos dos profesores Mª José Alonso e Fernando Domínguez, adscritos ao Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS).

En definitiva, o traballo realizado polo CIQUS, é fundamental dentro da aposta de Campus Vida pola investigación trasnacional e orientada á innovación, proporcionando proxección internacional aos nosos investigadores. Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.