«Situm», creada por investigadores do CiTIUS, presentará a súa tecnoloxía en Silicon Valley

«Situm Technologies», a empresa de localización en interiores creada por investigadores do CiTIUS, foi seleccionada como a mellor idea do centro YUZZ de Santiago de Compostela, un proxecto de apoio a novas empresas de base tecnolóxica no que os seus fundadores traballan dende hai seis meses. O premio consiste nunha praza para viaxar a Silicon Valley […]

read more →

Desenvolven un método barato e eficiente que mellora unha técnica de análise química ultra-sensible

A revista Materials Today levou á súa portada un traballo realizado por un equipo de investigadores do CiQUS, que conseguiu desenvolver un novo método para mellorar os problemas cos que conta na actualidade unha potente técnica de análise químico ultra-sensible coñecida como Espectroscopia Raman Amplificada por Superficie (SERS, polas súas siglas en inglés). Os resultados […]

read more →

Un novo proceso de autoensamblado deseñado no CiQUS permitirá recoñecer secuencias específicas do ADN

«Angewandte Chemie» publica un caso pouco frecuente: un ión metálico, un pequeno fragmento de proteína e unha molécula orgánica que se autoensamblan de modo reversible en presenza de secuencias específicas de ADN. A expresión xenética é o proceso mediante o cal as instrucións xenéticas son interpretadas nas nosas células para sintetizar produtos tan importantes como […]

read more →

Demostran a eficacia dun novo método de produción de vacinas desenvolvido no CiQUS, que evita o uso de virus inactivados

As mellores vacinas na actualidade están baseadas en «virus inactivados», é dicir, virus reais tratados de xeito químico ou físico para eliminar a súa capacidade infectiva. A súa obtención mediante este procedemento implica, así, unha serie de perigos biolóxicos, que esixen importantes medidas de seguridade. Para minimizalos, a comunidade científica está a tratar de substituír […]

read more →

O CiMUS lanza a súa canle oficial en YouTube

O CiMUS (Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas) pon en marcha a «Canle CiMUS», un novo espazo audiovisual para dar a coñecer o labor do centro na popular plataforma YouTube. Trala recente creación de novos perfís en Twitter, Google+ e a rede profesional LinkedIn -que se sumaron á páxina coa que […]

read more →

Investigadores do CiQUS deseñan un nariz artificial para detectar diferenciacións de ADN dun só nucleótido

O recoñecemento de patróns é o mecanismo utilizado polos mamíferos na recepción olfativa. De feito, os seres humanos poden detectar miles (ou millóns) de cheiros con só centos de receptores olfativos. Incompatible co recoñecemento un a un, o sistema olfativo xera patróns de resposta que configuran unha sensación de aroma único no cerebro. Noutras palabras, […]

read more →

Comeza Biospain 2014, unha das citas do sector biotecnolóxico máis importantes do mundo, na que colabora a USC

A Universidade de Santiago participa na organización da feira Biospain 2014, un dos eventos de referencia internacional no sector biotecnolóxico, que terá lugar estes días 24, 25 e 26 en Compostela. Para a institución compostelá, co seu Campus Vida ‘Campus de Excelencia Internacional’, esta será unha oportunidade destacada de mostrar a investigación de primeiro nivel […]

read more →

A plataforma «Innopharma» procurará novos fármacos dende o CiMUS

O proxecto InnoPharma da Universidade de Santiago de Compostela desenvolve este luns 22 e o martes 23 no Centro de Estudos Avanzados da USC o seu primeiro workshop no que se estudan posibles maneiras de colaboración conxunta público-privadas entre a comunidade científica internacional e se discuten novos escenarios para o descubrimento de novos fármacos. InnoPharma […]

read more →

TRANSBIO analiza no Edificio Emprendia cómo crear e desenvolver unha empresa tecnolóxica

No marco do proxecto europeo TRANSBIO, un proxecto internacional do sector biotecnolóxico na contorna do Sudoeste Europeo,  Campus Vida organiza este martes 23 no Edificio Emprendia un workshop para a creación e desenvolvemento de empresas biotecnolóxicas dirixido a persoal de oficinas de transferencia e valorización, investigadores, spinoffs, empresas e investidores. A primeira sesión dedicarase á […]

read more →

Investigadores predoutorais do CiTIUS presentan os seus traballos de xeito divulgativo na xornada «T3M: a túa tese en tres minutos»

Tags:

A xornada ‘T3M: a túa tese en tres minutos’ reúne unha serie de presentacións nas que investigadores predoutorais do CiTIUS (Centro singular de Investigación en Tecnoloxías da Información da USC) exporán o seu traballo de investigación nun tempo reducido (3 minutos) e a través dun discurso sinxelo e divulgativo. Esta formato provén da Universidade de […]

read more →