Un artígo realizado por investigadores do CIQUS, portada da revista JACS

Un artigo recente dos investigadores do CIQUS Félix Freire (investigador Ramón e Cajal) e José Manuel Seco, pertencentes ao Grupo de Ricardo Riguera e Emilio Quiñoá, foi seleccionado como portada do último número da revista JACS (Journal of the American Chemical Society), sendo ademais clasificado como spotlight un dos máis destacados de entre os recentemente publicados.

read more →

Workshop de Nanomedicina

A Rede de Centros Singulares de Investigación do Campus Vida organiza en Santiago de Compostela un Workshop de Nanomedicina, o próximo luns 10 de decembro.

read more →

O pasado Xoves, celebrouse a primeira reunión de traballo da rede de «Tecnoloxías e análise dos datos lingüísticos»

O CiTIUS foi a sede da primeira reunión de traballo da nova rede de investigación «Tecnoloxías e análise dos datos lingüísticos», integrada por unha agrupación mixta de investigadores das universidades deSantiago (USC) e Vigo (UVIGO).

read more →

O Profesor Chris Abell, investigador e emprendedor, visitará o CIQUS, a vindeira semana

O Catedrático en Química Biolóxica da Universidade de Cambridge, o Prof. Chris Abell, visitará o CIQUS e durante a súa estanza na nosa Universidade impartirá dúas conferencias. Impartirá as conferencias tituladas, “Estratexias en química biolóxica e o descubrimento de fármacos baseadas en fragmentos” e “The reluctant entrepreneur – spinning out of Chemistry”, onde relatará a […]

read more →

O Prof. Luis Castedo, premio GEPRONAT 2012 á Excelencia na Investigación

Luis Castedo, catedrático de Química Orgánica da Facultade de Química da USC, recibiu o premio á excelencia en investigación outorgado polo Grupo Especializado de Química de Produtos Naturais (GEPRONAT) da Real Sociedade Española de Química.

read more →

Beatriz Blanco investigadora do CiTIUS acada o apto cum laude na súa tese sobre fotosensores nas tecnoloxías avanzadas de CMOS

A investigadora do CiTIUS Beatriz Blanco vén de opter a cualificación de apto cum laude para a súa tese “Modelización e caracterización de fotosensores pequenos nas tecnoloxías avanzadas de CMOS”.

read more →

Mentor-Emprende un buscador web especializado en emprendimiento e desenvolvido por investigadores do CITIUS

David Losada e Manuel Lama, investigadores e especialistas en emprendimiento e computación da Universidade de Santiago de Compostela desenvolveron “Mentor-Emprende”, un innovador concepto de buscador web especializado no ámbito do emprendimiento e do proceso de creación de novas empresas.

read more →

Paula López, investigadora do CITIUS, logra o primeiro título de propiedade industrial dunha topografía de semicondutores

A investigadora do CiTIUS, Paula López Martínez obtivo, a través da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC, o primeiro título de propiedade industrial dunha topografía de semicondutores lograda por unha universidade española.

read more →

O CIQUS contará dende mañá mércores e ata o xoves coa visita do físico Paul Tavan

Mañá mércores, o CIQUS, organiza a conferencia titulada, “Conformational changes in BLUF domains”, impartida polo prof. Paul Tavan, enmarcada dentro do ciclo de conferencias “Frontiers inScience” de Campus Vida. A conferencia terá lugar en aula seminario do edificio CIQUS, ás 12 do mediodía.

read more →

O CITIUS organiza este próximo xoves unha xornada achega o HTML5

A xornada, que terá lugar o vindeiro día 11 de Outubro, ás 12 horas no salón de actos da ETSE, repasará a evolución dos estándares web desde os seus comezos ata o HTML5 actual.

read more →