Premio ‘Novos Líderes de Grupos de Investigación’ da RSEQ para Javier Montenegro

Tags:

O investigador do CiQUS recibe o galardón do Grupo Especializado de Química Biolóxica da Real Sociedade Española de Química polas súas investigacións punteiras no estudo do transporte a través de membranas biolóxicas usando química supramolecular, converténdoo nun referente entre a comunidade química internacional a pesar da súa curta traxectoria científica.

read more →

‘Supraporous’, un novo proxecto internacional liderado polo investigador do CiQUS Javier Montenegro

Tags:

Os laboratorios do centro de investigación da Universidade de Santiago de Compostela (USC) albergarán un ambicioso proxecto financiado con preto de medio millón de euros polas axencias de catro países, que promete revolucionar o campo dos nanomateriais porosos con control nanométrico

read more →

III Edition of Campus Vida’s International Postdoctoral Program (2017/2)

Campus Vida’s Research Centers Network (SRCN), located at the University of Santiago de Compostela, Spain, opens a public call to hire new postdoctoral researchers in the areas of Chemistry (CiQUS), Medicine (CiMUS) and Information Technology (CiTIUS) for a period of two years.

read more →

Sementes contra o cancro no CiQUS

Eugenio Vázquez acada un dos proxectos nacionais para o desenvolvemento de novas liñas de investigación oncolóxica financiados pola Asociación Española contra o Cancro (AECC).

read more →

Avanzan na síntese da Englerina A, a sustancia anticanceríxena de orixe africano

Investigadores do CiQUS presentan un novo método de síntese para obter este composto de orixe natural, cunha prometedora actividade en cancros renais.

read more →

O investigador do CiQUS Francisco Rivadulla obtén unha nova axuda ERC

O proxecto ANTS (A New Technology of microthermal Sensing for application in microcalorimetry) acadou unha das 44 axudas ‘Proof of Concept’ (PoC) concedidas nesta nova convocatoria europea

read more →

Investigadores do CiQUS crean nanoesferas para o transporte de ións a través da membrana celular

Angewandte Chemie destaca un traballo do CiQUS como ‘Hot Paper’ (unha selección de artigos de especial relevancia científica realizada polos editores), no que se describe un novo método de recoñecemento de anións inorgánicos mediante o uso de péptidos cíclicos.

read more →

Dúas spin-off de Campus Vida no Barcelona Mobile World Congress 2016

Situm Technologies e MD.Use Innovative Solutions, fundadas por investigadores da Rede de Centros Singulares da USC, exhibiron o seu potencial nun dos maiores escaparates de tecnoloxía a nivel internacional.

read more →

O CiQUS acada a súa terceira ERC Grant en menos de 5 anos

Javier Montenegro García, investigador Ramón y Cajal do CiQUS (Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da Universidade de Santiago de Compostela – USC), obtivo unha Starting Grant, axuda máis prestixiosa que se concede en Europa a xóvenes investigadores.

read more →

As bolsas da Fundación BBVA premian a excelencia investigadora do CiQUS

O investigador Ramón y Cajal do CiQUS Martín Fañanás acada unha das axudas que a Fundación BBVA concede a Investigadores e Creadores Culturais.

read more →