Ana Belén Crujeiras, investigadora do CHUS acha as claves do efecto rebote en dietas de adelgazamento

Tags:

O grupo de Endocrinoloxía Molecular de Santiago de Compostela, adscrito ao Centro de Investigación Biomédica en Rede-Fisiopatoloxía da Obesidade e a Nutrición (CIBERobn), descubriu o elevado poder de diagnóstico do ratio entre a leptina (inhibe as ganas de comer) e a grelina (esperta a sensación de apetito) na predición da recuperación do peso tras perdelo […]

read more →

O IDIS desenvolve un método xenético para detectar quistes que beneficia a enfermos renais, hepáticos e pancreáticos

Tags:

O Grupo de Xenética e Bioloxía do Desenvolvemento das enfermidades renais do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS), situado no Hospital Clínico de Santiago, desenvolveu un método xenético para detectar en dous días enfermidades que forman quistes no ril, fígado e páncreas.

read more →

Unha sesión científica celebrada no Clínico de Santiago trata sobre a plasticidade cerebral

Profesionais médicos e investigadores celebraron unha reunión científica no Hospital Clínico de Santiago, onde se tratou o como rexenerar o cerebro danado por un ictus.

read more →

O experto Manuel Collazo chega a Campus Vida para responsabilizarse da investigación de células nai e a creación dun biobanco

Manuel Collazo é biólogo molecular cunha ampla experiencia no CNIO (Centro Nacional de Investigación Oncológica) e o seu labor no Instituto de Ortopedia e Banco de Tecidos Musculoesqueléticos de Santiago será abrir unha nova investigación sobre células nai e crear un laboratorio exclusivo para este fin.

read more →

O Clínico xunto co Ramón e Cajal (Madrid), estuda as células de tumores en sangue

O Hospital Clínico de Santiago incorporou tecnoloxía coa que estuda a evolución de cancros segundo as células tumorais circundantes no sangue. Esta investigación lévase a cabo xunto co hospital Ramón e Cajal de Madrid cuxo obxectivo é observar a evolución e controlar os tratamentos que se aplican.

read more →

A rede de investigación REPENSeI desenvolve dende hoxe ata o xoves, as súas xornadas anuais, nesta ocasión dedicadas aos bioclusters e á especialización intelixente

Tags:

A Rede REPENSeI (Regulación, Estratexias e Políticas para a Emerxencia de Novos Sectores Innovadores) configúrase como unha rede interdisciplinar (economía, finanzas, dereito, políticas, genómica e ecoinnovación) para a investigación sobre os factores determinantes da necesidade de novas actividades innovadoras e para o deseño de estratexias que contribúan á emerxencia de novos sectores, especialmente os baseados […]

read more →

Un grupo de investigación do IDIS bloquea o avance da artrite reumatoide, achado que solicitou patentar

O grupo de Reumatoloxía Experimental do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) e pertencente á rede de institutos de investigación de Campus Vida, conseguiu bloquear o avance da artrite reumatoide.

read more →

O Idichus, logrou atraer no ano 2011 máis de nove millóns de euros en recursos externos para realizar investigación

Esta cifra é superior á do 2010, cando se captaron 6,8 millóns, e case duplica a do 2009, con 5,5. Días atrás, Sonia Martínez, directora da entidade, presentou no Clínico o balance de actividade acompañada polo xerente do centro, Luis Verde, e o director científico do IDIS, José Castillo.

read more →

O 26 de Abril a Fundación IDICHUS organiza a II Xornada de Investigación Biosanitaria

A xornada terá lugar na Aula Magna do Pavillón docente Novoa Santos no Hospital Clínico Universitario de Santiago. A xornada comezará ás 9:30 da mañá coa presentación de Francisco Gónzalez, Vicerreitor de Investigación e Innovación da Universidade de Santiago de Compostela.

read more →

II Xornada de Investigación Biosanitaria

O 26 de Abril, o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) e a Fundación IDICHUS, integrantes de Campus Vida, organizan as II Xornada de investigación Biosanitaria, en Santiago de Compostela.

read more →