Disparan a velocidade de cómputo en Xenómica aplicando técnicas Big Data ao aliñamento de cadeas de ADN

Un traballo do CiTIUS e a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (FPGMX) dá lugar á solución BigBWA, unha ferramenta capaz de reducir drasticamente os tempos de execución do Burrows-Wheeler Aligner (BWA), software de referencia en xenómica.

read more →

Comeza Biospain 2014, unha das citas do sector biotecnolóxico máis importantes do mundo, na que colabora a USC

A Universidade de Santiago participa na organización da feira Biospain 2014, un dos eventos de referencia internacional no sector biotecnolóxico, que terá lugar estes días 24, 25 e 26 en Compostela. Para a institución compostelá, co seu Campus Vida ‘Campus de Excelencia Internacional’, esta será unha oportunidade destacada de mostrar a investigación de primeiro nivel […]

read more →

A plataforma «Innopharma» procurará novos fármacos dende o CiMUS

O proxecto InnoPharma da Universidade de Santiago de Compostela desenvolve este luns 22 e o martes 23 no Centro de Estudos Avanzados da USC o seu primeiro workshop no que se estudan posibles maneiras de colaboración conxunta público-privadas entre a comunidade científica internacional e se discuten novos escenarios para o descubrimento de novos fármacos. InnoPharma […]

read more →

O Clínico de Santiago xunto co Instituto para o Desenvolvemento e Integración da Sanidade (IDIS) lidera un estudo europeo sobre as enfermidades raras

Tags:

Comeza a nivel europeo o proxecto de investigación E-HOD. Aprobado e financiado pola Dirección Xeneral de Saúde da Comisión Europea; conta cun fondo de 1,2 millóns de euros ata 2015, para a investigación daquelas enfermidades pouco comúns que afectan ao metabolismo dos aminoácidos, como o son as homocistinurias e os defectos de metilación, nos que se centrará […]

read more →

É noticia…Seminario: Tamaño mostral: Como considerar n axeitadamente?

Tags:

O próximo 20 de xuño ás 13:30h no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela (aula 1, planta 0), terá lugar o seminario no marco da serie Seminarios do IDIS co título: Tamaño mostral: Como considerar n axeitadamente?. Será impartido por Marta Cuntín González de Biostatech S.L: Spin-off de bioestatística da Universidade de Santiago de Compostela.

read more →

O IDIS participa en catro propostas presentadas a convocatorias do programa Health da Unión Europea

Na pasada convocatoria do programa Health son catro as propostas con participación de grupos IDIS. “END-HF, Diet nutrients can regulate the epicardial adipose tissue for heart failure prevention or treatment”, está liderado polo grupo Cardioloxía.

read more →

A USC xera case o 40% da produción científica de Galicia, segundo un estudo realizado pola Fundación Barrié.

A Fundación Barrié, elaborou un informe, titulado “A Ciencia en Galicia”, onde segundo os datos recompilados, a Universidade de Santiago, é a líder indiscutible en produción científica na nosa comunidade, mentres que o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), é xa a terceira institución da comunidade en número de publicacións e no impacto das súas investigacións.

read more →

O II Symposium ” In vitro” Models and Translational Research in Biomedicina, reuniu 130 investigadores

Expertos de Londres, Milán, París, Barcelona e Israel expuxeron modelos que simulan o que lle pasa ao paciente, modelos que reproducen enfermidades no laboratorio, co obxectivo de conseguir aplicacións para os pacientes.

read more →

O IDIS un exemplo entre da integración entre a USC e o Sergas

O Servizo Galego de Saúde, facilita o ámbito asistencial e hospitalario, e a USC facilita o ámbito académico e todo iso co obxectivo de mellorar a saúde do cidadán.

read more →

O IDIS converteuse un referente como instituto de investigación sanitaria

O Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago conseguiu en 2011 financiamento para 67 novos proxectos por valor de 8,36 millóns de euros.

read more →