Cen empresas interésanse por cinco proxectos de investigación galegos

A Fundación Barrié e a Universidade de Oxford, a través da empresa ISIS INNOVATION, iniciaron a colaboración, para buscar oportunidades de negocio, para cinco proxectos de investigadores galegos que nancia a Barrié, recibiron nesta ocasión o apoio da Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía, o ParqueCientíco de Madrid, PwC e a Fundación Telefónica.

read more →

I Encuentro de la Xuventude Investigadora EDI-USC

Tags:

A Escola de Doutoramento Internacional (EDI) e o Centro de Posgrao organizan en decembro, entre os días 13 e 15 en Bioloxía, o I Encontro da Mocidade Investigadora EDI-USC.

read more →

Workshop de Nanomedicina

A Rede de Centros Singulares de Investigación do Campus Vida organiza en Santiago de Compostela un Workshop de Nanomedicina, o próximo luns 10 de decembro.

read more →

As universidades de Vigo e Santiago colaboran no desenvolvemento da primeira vacina contra a cistite.

As universidades de Vigo e Santiago de Compostela traballan no desenvolvemento da primeira vacina de ámbito mundial contra a cistite, unha infección do tracto urinario de especial incidencia entre as mulleres, no marco dun proxecto de tres anos de duración que apenas acaba de comezar.

read more →

O pasado Xoves, celebrouse a primeira reunión de traballo da rede de «Tecnoloxías e análise dos datos lingüísticos»

O CiTIUS foi a sede da primeira reunión de traballo da nova rede de investigación «Tecnoloxías e análise dos datos lingüísticos», integrada por unha agrupación mixta de investigadores das universidades deSantiago (USC) e Vigo (UVIGO).

read more →

Un grupo do Inibic gaña o premio Rafael Hervada de investigación

Un traballo sobre o efecto de determinados fármacos para evitar o proceso de desorganización celular no cancro de vexiga que determina a aparición de metástase obtivo o premio Rafael Hervada de investigación, que convoca o Hospital San Rafael e cuxo fallo se deu a coñecer onte.

read more →

O IDIS participa en catro propostas presentadas a convocatorias do programa Health da Unión Europea

Na pasada convocatoria do programa Health son catro as propostas con participación de grupos IDIS. “END-HF, Diet nutrients can regulate the epicardial adipose tissue for heart failure prevention or treatment”, está liderado polo grupo Cardioloxía.

read more →

Decoceras, unha spin-off da USC, na final do Premio RedEmprendia

Tags:

RedEmprendia, é unha rede universitaria iberoamericana, formada por 20 universidades, que busca promover a transferencia de coñecemento, e desenvolvemento tecnolóxico, e a innovación e o emprendemento responsable.

read more →

A USC xera case o 40% da produción científica de Galicia, segundo un estudo realizado pola Fundación Barrié.

A Fundación Barrié, elaborou un informe, titulado “A Ciencia en Galicia”, onde segundo os datos recompilados, a Universidade de Santiago, é a líder indiscutible en produción científica na nosa comunidade, mentres que o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), é xa a terceira institución da comunidade en número de publicacións e no impacto das súas investigacións.

read more →

O II Symposium ” In vitro” Models and Translational Research in Biomedicina, reuniu 130 investigadores

Expertos de Londres, Milán, París, Barcelona e Israel expuxeron modelos que simulan o que lle pasa ao paciente, modelos que reproducen enfermidades no laboratorio, co obxectivo de conseguir aplicacións para os pacientes.

read more →