Novos perfís de Campus Vida en Google+ e Youtube

Tags:

Dúas novas canles de comunicación a través das redes sociais reforzarán a difusión da actividade científica de Campus Vida, o Campus de Excelencia Internacional (CEI) en Ciencias da Vida da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

read more →

As bolsas da Fundación BBVA premian a excelencia investigadora do CiQUS

O investigador Ramón y Cajal do CiQUS Martín Fañanás acada unha das axudas que a Fundación BBVA concede a Investigadores e Creadores Culturais.

read more →

Bolsas de Verán 2015 no CiQUS

Se es un entusiasta estudante de grao con experiencia en Química ou áreas relacionadas, convidámoste a unha estancia remunerada dun mes para investigar no CiQUS. Escolle un dos nosos grupos de investigación para a túa primeira experiencia investigadora en Química… Aproveita esta oportunidade para disfrutar a fantástica cidade de Santiago de Compostela! Máis información: CiQUS_BECAS-VERANO-2015_Convocatoria. […]

read more →

Identifican no CiTIUS tódolos patróns da actividade eléctrica cardíaca en tempo real

Investigadores do programa de E-Saúde do CiTIUS presentan unha solución para realizar automaticamente o agrupamento morfolóxico de latexos en tempo real. Publicado no «IEEE Journal of Biomedical and Health Informatics», o traballo mellora substancialmente as técnicas desenvolvidas ata hoxe, abrindo a porta á utilización de tecnoloxías ‘wearable’ que axuden a previr riscos cardiovasculares.

read more →

O CiMUS acolle a posta de longo da Unidade Mixta contra a dor crónica

O pasado luns, o CiMUS acolleu a presentación oficial da Unidade Mixta entre a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a farmacéutica Esteve, impulsada polo grupo Biofarma e avalada pola Axencia Galega de Innovación.

read more →

Ciencia e Arte danse a man para protexer o patrimonio cultural

Un equipo de investigadores do CiQUS colabora co CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea) na procura de información sobre o avellentamento e durabilidade das esculturas de arte contemporánea construídas a base de plásticos.

read more →

Novas ferramentas para analizar e extraer información de textos en galego, portugués e español

Estimacións recentes teñen determinado que o volume de información xerado pola humanidade dende os albores da civilización ata o ano 2003 equivalería apenas á cantidade de datos que os usuarios de Internet creamos en tan só 2 días.

read more →

«Campus Vida»: Avaliación final

Tags:

Informe de execución para a avaliación final do proxecto ‘CEI – Campus Vida’, elaborado pola Comisión Asesora Internacional do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte (MECD).   ‘Campus Vida – Final Report (descargar pdf)

read more →

Procuran no CiMUS novos fármacos para tratar a dor crónica

Biofarma, o grupo de investigación do CiMUS, impulsa xunto ó laboratorio Esteve unha Unidade Mixta orientada a traballar no desenvolvemento de novos fármacos para o tratamento da dor crónica. A iniciativa do grupo de Mabel Loza obtivo o apoio da Axencia Galega de Innovación, que recoñece a excelencia da proposta achegando o 30% do financiamento […]

read more →

Investigadores do CiTIUS crean unha nova ferramenta para axilizar o tratamento de textos e documentos da web

Un equipo de investigadores do CiTIUS, formado por expertos nas áreas de Computación de Altas Prestacións (HPC) e Procesamento de Linguaxe Natural (PLN) conseguiu desenvolver unha ferramenta que permite adaptar automaticamente aplicacións utilizadas no eido do procesamento de textos e documentos a modelos de computación paralela compatibles con clústeres multi-core, o que reducirá notablemente os […]

read more →