EEUU volve recompensar o labor científico da investigadora María José Alonso

O Instituto Americano de Enxeñería Médica e Biolóxica acorda o seu ingreso como novo membro da institución, sumando un novo recoñecemento internacional á traxectoria da investigadora do CiMUS.

read more →

Investigadores do CiTIUS desenvolven o método máis preciso do mundo para interpretar o electrocardiograma

  A robustez do novo algoritmo mellora tódalas técnicas dispoñibles na actualidade, e as súas prestacións atraeron xa a atención de investigadores do prestixioso Massachusetts Institute of Technology (MIT), que o utilizaron con rexistros reais de máis de 50.000 pacientes.

read more →

Avanzan na síntese da Englerina A, a sustancia anticanceríxena de orixe africano

Investigadores do CiQUS presentan un novo método de síntese para obter este composto de orixe natural, cunha prometedora actividade en cancros renais.

read more →

O investigador do CiTIUS Tomás Fernández Pena, novo Editor Asociado de IEEE ‘Transactions on Computers’

A súa función como ‘Multimedia Editor’ consistirá en realizar un vídeo de presentación con cada número no que se introducirá a publicación destacada do mes.

read more →

A investigadora do CiMUS Mª José Alonso ingresa na Academia Nacional de Medicina dos EEUU

Tags:

O seu laboratorio foi pioneiro en numerosos descubrimentos no campo da Tecnoloxía Farmacéutica e a Nanomedicina. Agora, co recoñecemento da ‘National Academy of Medicine’ convértese na segunda persoa en España que obtén esta distinción.

read more →

Relacionan o aumento dunha proteína no hipotálamo coa disminución da masa corporal

Investigadores do grupo NeurObesidade do CiMUS descobren un novo mecanismo molecular que demostra como o aumento dunha proteína no hipotálamo consegue que ratas obesas adelgacen sen deixar de comer, ao tempo que melloran o seu estatus metabólico diminuíndo ademais a diabete tipo 2 asociada.

read more →

Investigadores do CiQUS crean nanoesferas para o transporte de ións a través da membrana celular

Angewandte Chemie destaca un traballo do CiQUS como ‘Hot Paper’ (unha selección de artigos de especial relevancia científica realizada polos editores), no que se describe un novo método de recoñecemento de anións inorgánicos mediante o uso de péptidos cíclicos.

read more →

Dúas spin-off de Campus Vida no Barcelona Mobile World Congress 2016

Situm Technologies e MD.Use Innovative Solutions, fundadas por investigadores da Rede de Centros Singulares da USC, exhibiron o seu potencial nun dos maiores escaparates de tecnoloxía a nivel internacional.

read more →

O CiQUS acada a súa terceira ERC Grant en menos de 5 anos

Javier Montenegro García, investigador Ramón y Cajal do CiQUS (Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da Universidade de Santiago de Compostela – USC), obtivo unha Starting Grant, axuda máis prestixiosa que se concede en Europa a xóvenes investigadores.

read more →

Disparan a velocidade de cómputo en Xenómica aplicando técnicas Big Data ao aliñamento de cadeas de ADN

Un traballo do CiTIUS e a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (FPGMX) dá lugar á solución BigBWA, unha ferramenta capaz de reducir drasticamente os tempos de execución do Burrows-Wheeler Aligner (BWA), software de referencia en xenómica.

read more →