Un sensor desenvolvido no CiQUS, premio á mellor investigación aplicada

Tags:

‘ANTS’, un microsensor de temperatura ultrasensible, foi galardoado como o mellor traballo realizado por un grupo de investigación no ámbito da investigación aplicada, segundo consta nos Premios de Transferencia de Tecnoloxía que acaba de facer públicos a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC).

read more →

As bolsas da Fundación BBVA premian a excelencia investigadora do CiQUS

O investigador Ramón y Cajal do CiQUS Martín Fañanás acada unha das axudas que a Fundación BBVA concede a Investigadores e Creadores Culturais.

read more →

O catedrático Carlos Diéguez, premio Geoffrey Harris 2015 da Sociedade Europea de Endocrinoloxía

O catedrático de Fisioloxía e director do Centro de Investigacións en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CIMUS), Carlos Diéguez, acaba de ser galardoado co Premio Geoffrey Harris 2015 que outorga a Sociedade Europea de Endocrinoloxía. Este é un premio dirixido a investigadores asentados do campo da neuroendocrinoloxía e está considerado como o primeiro […]

read more →

O CIQUS sobresae nos V Premios SUSCHEM a Mozos Investigadores Químicos 2013

Félix Freire foi o gañador na categoría “POSTDOC” á mellor publicación científica en 2012 e, dous dos tres finalistas na mesma categoría tamén están vinculados ao CIQUS. Un recente doutor do CIQUS tamén foi finalista na categoría de “PREDOC”.

read more →

José Castillo, do complexo hospitalario público de Santiago, recibiu o premio da Sociedade Española de Neuroloxía pola súa traxectoria

A Sociedade Española de Neuroloxía entregou o premio Enfermidades Neurolóxicas a José Castillo, do complexo hospitalario público de Santiago, en recoñecemento á súa traxectoria profesional e pola súa achega científica á especialidade.

read more →

O CiTIUS organiza “A túa Tese en Tres Minutos (T3M)”

Tags:

A Rede Ática (Rede Temática Española para o avance e a transferencia da intelixencia computacional aplicada) presentará no CiTIUS o próximo venres, 31 de maio, a competición «A túa Tese en Tres Minutos (T3M)», unha iniciativa de divulgación científica dirixida a investigadores en formación cuxa tese trate algún aspecto de intelixencia computacional. O encargado de expoñer […]

read more →

Un dos proxectos de Campus Vida, premiado en “A Gala da Ciencia Española” Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt)

Tags:

Onte celebrouse por primeira vez, no Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (Muncyt) da Coruña, unha gala para homenaxear e reivindicar a calidade da investigación e a divulgación científica que se fai en España. O acto foi organizado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt) e o Ministerio de Economía e Competitividade.

read more →

Un grupo do Inibic gaña o premio Rafael Hervada de investigación

Un traballo sobre o efecto de determinados fármacos para evitar o proceso de desorganización celular no cancro de vexiga que determina a aparición de metástase obtivo o premio Rafael Hervada de investigación, que convoca o Hospital San Rafael e cuxo fallo se deu a coñecer onte.

read more →

Decoceras, unha spin-off da USC, na final do Premio RedEmprendia

Tags:

RedEmprendia, é unha rede universitaria iberoamericana, formada por 20 universidades, que busca promover a transferencia de coñecemento, e desenvolvemento tecnolóxico, e a innovación e o emprendemento responsable.

read more →

O Prof. Luis Castedo, premio GEPRONAT 2012 á Excelencia na Investigación

Luis Castedo, catedrático de Química Orgánica da Facultade de Química da USC, recibiu o premio á excelencia en investigación outorgado polo Grupo Especializado de Química de Produtos Naturais (GEPRONAT) da Real Sociedade Española de Química.

read more →