Un estudo clínico constata que 8 de cada 100 persoas con leucoplasia oral poden desenvolver cancro na boca

Tags:

A leucoplasia oral é unha mancha branca que pode aparecer en calquera zona da mucosa da cavidade oral (enxiva, padal, lingua ou meixelas) e cuxa característica máis importante é que pode transformarse en cancro. A doutora Pilar Gándara Vila acaba de realizar na súa tese de doutoramento un estudo clínico de seguimento de lesións de […]

read more →

Investigadores predoutorais do CiTIUS presentan os seus traballos de xeito divulgativo na xornada «T3M: a túa tese en tres minutos»

Tags:

A xornada ‘T3M: a túa tese en tres minutos’ reúne unha serie de presentacións nas que investigadores predoutorais do CiTIUS (Centro singular de Investigación en Tecnoloxías da Información da USC) exporán o seu traballo de investigación nun tempo reducido (3 minutos) e a través dun discurso sinxelo e divulgativo. Esta formato provén da Universidade de […]

read more →

A empresa farmacéutica Lilly celebrará na USC un «On-Campus Recruiting»

Tags:

A compañía Lilly, unha das dez compañías farmacéuticas líderes no mundo, entrevistará o vindeiro luns 21 en Campus Vida unha selección de doutorandos/as e egresados/as recentes da USC que actualmente se atopen realizando estancias postdoutorais no estranxeiro. Responsables de Lilly Spain desprazaranse ao Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) para […]

read more →

Un software específico desenvolvido no CiTIUS mellorará os sistemas de detección de aneurismas na aorta

Unha tese doutoral realizada no CiTIUS permitiu o deseño, desenvolvemento e avaliación clínica dun novo sistema automático para a detección de alteracións na aorta torácica. O traballo de Juan Antonio Martínez Mera, que obtivo a máxima nota académica (sobresaliente Cum Laude), facilitará á comunidade médica a obtención de resultados clínicos interpretables de xeito totalmente automático, […]

read more →

Investigadores do CiQUS simplifican o procedemento para obter grafenos a escala nanométrica

  Investigadores do CiQUS (Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC), en colaboración co grupo IBM Research (Zurich, Suiza) desenvolveron un método que simplifica a obtención de nanografenos de alta calidade a partir de compostos orgánicos facilmente dispoñibles. O grafeno está considerado un material único que se atopa na base […]

read more →

A spin-off S4SD proba un software pioneiro a nivel mundial que analiza interaccións moleculares complexas

Tags:

A spinf-off «Software 4 Science Developments» (S4SD) acaba de lanzar o software de modelización e análise AFFINImeter, cuxo potencial mellora as capacidades das solucións que existen actualmente no mercado. S4SD é unha empresa de base tecnolóxica xurdida do grupo de Materia branda e biofísica molecular da USC. Como explican os promotores deste novo software, a […]

read more →

A Fundación Teléfonica sitúa o concurso «InvestigArte» entre as súas 100 iniciativas máis eficaces para fomentar a vocación científica

Tags:

O concurso InvestigArte vén de ser seleccionado pola Fundación Telefónica entre as 100 iniciativas máis eficaces para fomentar as vocacións científicas e tecnolóxicas. A intención desta Fundación é identificar iniciativas educativas innovadoras con resultados demostrados no ámbito do ensino das ciencias en senso amplo. InvestigArte é unha convocatoria que xa acumula dúas edicións que busca, […]

read more →

O catedrático Carlos Diéguez, premio Geoffrey Harris 2015 da Sociedade Europea de Endocrinoloxía

O catedrático de Fisioloxía e director do Centro de Investigacións en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CIMUS), Carlos Diéguez, acaba de ser galardoado co Premio Geoffrey Harris 2015 que outorga a Sociedade Europea de Endocrinoloxía. Este é un premio dirixido a investigadores asentados do campo da neuroendocrinoloxía e está considerado como o primeiro […]

read more →

O catedrático da USC Juan Granja, galardoado coa medalla Ignacio Ribas da Real Sociedade Española de Química

Tags:

O catedrático do Departamento de Química Orgánica e investigador do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CIQUS), Juan Granja, foi recoñecido polo Grupo de Química Orgánica da Real Sociedad Española de Química (RSEQ) coa medalla Ignacio Ribas 2014, unha distinción coa que premian cada ano a traxectoria profesional dun […]

read more →

María José Alonso, seleccionada como gañadora do Premio Maurice Marie Janot 2014

Tags:

A profesora María José Alonso foi seleccionada por un comité científico internacional como gañadora do Premio Maurice Marie Janot 2014. O premio instaurouse en 1986, data na que a European Pharmaceutical Society APGI e a Paul Neumann Foundation for Scientific Research comezan a outorgalo. O galardón recoñece a un investigador/a internacional pola calidade, innovación e […]

read more →