A USC impulsa a creación de tres novas empresas de base tecnolóxica de alto grao de innovación

Tags:

Un alto grao de innovación e a posibilidade de xerar emprego altamente cualificado a curto e medio prazo son algúns das características que comparten Biostatech, Cilenis e Aquagene, as tres spin-off cuxa creación acaba de recibir a aprobación do Consello de Goberno da USC.

read more →

Relevantes revistas científicas escollen traballos de investigadores de Campus Vida para as súas portadas

Nos últimos meses, traballos de investigadores de Campus Vida, en concreto do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS), foron portada de relevantes revistas científicas.

read more →

Os futuros investigadores de Campus Vida visitáronnos

Tags:

Estudantes de secundaria de toda Galicia, visitaron a semana pasada centros de Campus Vida. Dentro de “Encontros na USC”, os estudantes de secundaria tiveron a oportunidade de coñecer o Campus Universitario de Compostela. En total visitáronse a USC, uns 2.000 estudantes de 35 centros de varios zonas de Galicia.

read more →

II Xornada de Investigación Biosanitaria

O 26 de Abril, o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) e a Fundación IDICHUS, integrantes de Campus Vida, organizan as II Xornada de investigación Biosanitaria, en Santiago de Compostela.

read more →

A Proteómica protagonista estes días, en Campus Vida

Tags:

Hoxe celébrase o segundo e último día das III Xornadas de Mozos Investigadores de Proteómica. Esta reunión organizada pola SEProt ten como obxectivo impulsar a participación de investigadores novos que estean a aplicar a Proteómica ás súas liñas de traballo en Medicina, Bioloxía, Química, etc.

read more →

Investigadores de Campus Vida, protagonistas dos premios INESMA

Tags:

O primeiro premio de INESMA (Instituto de Estudos Mariños para a Nutrición e o Benestar), recaeu na no traballo “Explorando novas solucións ás infeccións bacterianas en acuicultura: interceptación de comunicación bacteriana por Tenacibaculum dicolor 20 J”, de Manuel Romero en colaboración coa profesora Ana Otero.

read more →

Traballar na prevención das enfermidades cardiovasculares en Galicia é a prioridade do Servizo de Cardioloxía do CHUS de Santiago

Tags:

O coñecido médico e catedrático, Ramón González Juanatey, falou sobre este tipo de patoloxías, que teñen unha grande incidencia en Galicia, nunha conferencia impartida o pasado luns e que se celebrou na fundación Novacaixagalicia, en Santiago de Compostela.

read more →

Biotecidos e Biomateriais, os protagonistas da xornada de peche do proxecto Bioforo

Tags:

O mércores, 25 de xaneiro o grupo de investigación G4 +, da Universidade de Vigo, financiado polo BIC Galicia, organizou unha xornada para difundir entre os empresarios e os emprendedores galegos solucións innovadoras en bioplásticos e biotecidos e, así, facilitar a innovación e o emprendemento en Galicia.

read more →

GalChimia inicia o proceso para ser a primeira empresa química de España que cotice no MAB

Tags:

A empresa galega GalChimia, líder en España en servizos de química orgánica sintética orientada á prestación de servizos avanzados á industria farmacolóxica, iniciou o proceso para cotizar no Mercado Alternativo Bolsista (MAB).

read more →

Investigadores da Fundación Galega de Medicina Xenómica realizará un proxecto de investigación sobre tres doenzas psiquiátricas que afectan a nenos

Tags:

Este proxecto realizarase grazas ás colaboración da Fundación Jove e a Consellería de Sanidad representada na Fundación Galega de Medicina Xenómica; ambos os dous compartirán a achega económica necesaria (200.000 €) para levar a cabo a investigación.

read more →