A plataforma «Innopharma» procurará novos fármacos dende o CiMUS

O proxecto InnoPharma da Universidade de Santiago de Compostela desenvolve este luns 22 e o martes 23 no Centro de Estudos Avanzados da USC o seu primeiro workshop no que se estudan posibles maneiras de colaboración conxunta público-privadas entre a comunidade científica internacional e se discuten novos escenarios para o descubrimento de novos fármacos. InnoPharma […]

read more →

Un novo acordo do Consello de Goberno complementa os criterios para a incorporación de persoal investigador ao abeiro do programa Ramón y Cajal

O Consello de Goberno alcanzou un novo acordo que complementa os criterios que rexen o proceso de incorporación de investigadores ao abeiro do programa Ramón y Cajal. Estes criterios establecían a posibilidade de incorporar á USC un máximo de cinco solicitudes, catro delas reservadas a áreas de coñecemento deficitarias en termos de capacidade docente e […]

read more →

Un estudo clínico constata que 8 de cada 100 persoas con leucoplasia oral poden desenvolver cancro na boca

Tags:

A leucoplasia oral é unha mancha branca que pode aparecer en calquera zona da mucosa da cavidade oral (enxiva, padal, lingua ou meixelas) e cuxa característica máis importante é que pode transformarse en cancro. A doutora Pilar Gándara Vila acaba de realizar na súa tese de doutoramento un estudo clínico de seguimento de lesións de […]

read more →

Un software específico desenvolvido no CiTIUS mellorará os sistemas de detección de aneurismas na aorta

Unha tese doutoral realizada no CiTIUS permitiu o deseño, desenvolvemento e avaliación clínica dun novo sistema automático para a detección de alteracións na aorta torácica. O traballo de Juan Antonio Martínez Mera, que obtivo a máxima nota académica (sobresaliente Cum Laude), facilitará á comunidade médica a obtención de resultados clínicos interpretables de xeito totalmente automático, […]

read more →

Investigadores do CiQUS simplifican o procedemento para obter grafenos a escala nanométrica

  Investigadores do CiQUS (Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC), en colaboración co grupo IBM Research (Zurich, Suiza) desenvolveron un método que simplifica a obtención de nanografenos de alta calidade a partir de compostos orgánicos facilmente dispoñibles. O grafeno está considerado un material único que se atopa na base […]

read more →

A Fundación Teléfonica sitúa o concurso «InvestigArte» entre as súas 100 iniciativas máis eficaces para fomentar a vocación científica

Tags:

O concurso InvestigArte vén de ser seleccionado pola Fundación Telefónica entre as 100 iniciativas máis eficaces para fomentar as vocacións científicas e tecnolóxicas. A intención desta Fundación é identificar iniciativas educativas innovadoras con resultados demostrados no ámbito do ensino das ciencias en senso amplo. InvestigArte é unha convocatoria que xa acumula dúas edicións que busca, […]

read more →

O catedrático Carlos Diéguez, premio Geoffrey Harris 2015 da Sociedade Europea de Endocrinoloxía

O catedrático de Fisioloxía e director do Centro de Investigacións en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CIMUS), Carlos Diéguez, acaba de ser galardoado co Premio Geoffrey Harris 2015 que outorga a Sociedade Europea de Endocrinoloxía. Este é un premio dirixido a investigadores asentados do campo da neuroendocrinoloxía e está considerado como o primeiro […]

read more →

O catedrático da USC Juan Granja, galardoado coa medalla Ignacio Ribas da Real Sociedade Española de Química

Tags:

O catedrático do Departamento de Química Orgánica e investigador do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares da USC (CIQUS), Juan Granja, foi recoñecido polo Grupo de Química Orgánica da Real Sociedad Española de Química (RSEQ) coa medalla Ignacio Ribas 2014, unha distinción coa que premian cada ano a traxectoria profesional dun […]

read more →

María José Alonso, seleccionada como gañadora do Premio Maurice Marie Janot 2014

Tags:

A profesora María José Alonso foi seleccionada por un comité científico internacional como gañadora do Premio Maurice Marie Janot 2014. O premio instaurouse en 1986, data na que a European Pharmaceutical Society APGI e a Paul Neumann Foundation for Scientific Research comezan a outorgalo. O galardón recoñece a un investigador/a internacional pola calidade, innovación e […]

read more →

O profesor Mascareñas, adscrito ao CIQUS, seleccionado para recibir unha Advanced Grant

A súa investigación terá como obxectivo o desenvolvemento de métodos de síntese química con catalizadores metálicos para levar a cabo reaccións directamente en medios fisiolóxicos e no interior de células vivas. O proxecto METBIOCAT presentado por José Luis Mascareñas Cid, catedrático de Química Orgánica da USC e que actualmente lidera no CIQUS un grupo de investigación altamente competitivo, […]

read more →