Bolsas de Verán 2015 no CiQUS

Se es un entusiasta estudante de grao con experiencia en Química ou áreas relacionadas, convidámoste a unha estancia remunerada dun mes para investigar no CiQUS. Escolle un dos nosos grupos de investigación para a túa primeira experiencia investigadora en Química… Aproveita esta oportunidade para disfrutar a fantástica cidade de Santiago de Compostela! Máis información: CiQUS_BECAS-VERANO-2015_Convocatoria. […]

read more →

Comeza Biospain 2014, unha das citas do sector biotecnolóxico máis importantes do mundo, na que colabora a USC

A Universidade de Santiago participa na organización da feira Biospain 2014, un dos eventos de referencia internacional no sector biotecnolóxico, que terá lugar estes días 24, 25 e 26 en Compostela. Para a institución compostelá, co seu Campus Vida ‘Campus de Excelencia Internacional’, esta será unha oportunidade destacada de mostrar a investigación de primeiro nivel […]

read more →

TRANSBIO analiza no Edificio Emprendia cómo crear e desenvolver unha empresa tecnolóxica

No marco do proxecto europeo TRANSBIO, un proxecto internacional do sector biotecnolóxico na contorna do Sudoeste Europeo,  Campus Vida organiza este martes 23 no Edificio Emprendia un workshop para a creación e desenvolvemento de empresas biotecnolóxicas dirixido a persoal de oficinas de transferencia e valorización, investigadores, spinoffs, empresas e investidores. A primeira sesión dedicarase á […]

read more →

Investigadores predoutorais do CiTIUS presentan os seus traballos de xeito divulgativo na xornada «T3M: a túa tese en tres minutos»

Tags:

A xornada ‘T3M: a túa tese en tres minutos’ reúne unha serie de presentacións nas que investigadores predoutorais do CiTIUS (Centro singular de Investigación en Tecnoloxías da Información da USC) exporán o seu traballo de investigación nun tempo reducido (3 minutos) e a través dun discurso sinxelo e divulgativo. Esta formato provén da Universidade de […]

read more →

Convocatoria de Bolsas de Viaxe dirixidas a estudantes de Master/Doutorado, e Investigadores para a 5ª Summer School on Medicines

No marco do proxecto TRANSBIO, financiado polo Programa de Cooperación Territorial “Espazo Sudoeste Europeo” e no que participa CAMPUS VIDA, convócanse ata un máximo de 8 bolsas de viaxe para asistir 5ª Summer School on Medicines que se celebrará na Universidade Paul Sabatier (Faculty of Medicine) de Toulouse (Francia) entre os días 7-12 de xullo […]

read more →

É noticia…Seminario: Tamaño mostral: Como considerar n axeitadamente?

Tags:

O próximo 20 de xuño ás 13:30h no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela (aula 1, planta 0), terá lugar o seminario no marco da serie Seminarios do IDIS co título: Tamaño mostral: Como considerar n axeitadamente?. Será impartido por Marta Cuntín González de Biostatech S.L: Spin-off de bioestatística da Universidade de Santiago de Compostela.

read more →

A noticia da semana…Reunión da Rede Galega de Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos (REXEDE) no CIMUS

O pasado 19 de abril tivo lugar no Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS) da Universidade de Santiago de Compostela, o Taller de Traballo da Rede Galega de Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos (REXEDE). Está Red está financiada pola Xunta de Galicia, e é coordinada pola Dr.a Mabel Loza do grupo de investigación BioFarma da USC.

read more →

É noticia… IV Edición das Xornadas de TELGalicia

Tags:

A rede de investigación galega sobre e-learning RedeTELGalicia celebrará o vindeiro luns 6 de maio, no salón de actos do CiTIUS, a IV Edición das Xornadas TELGalicia. O acto dará comezo ás 9:30, cunha conferencia sobre calidade nas aulas impartida por Inmaculada Plaza, profesora titular da Universidade de Zaragoza («Calidad en las aulas: ¿realidad o utopía?»).

read more →

É noticia…BioIntegraSaúde 2013 – BIS 2013

Durante o día de hoxe celébranse as xornadas de investigación BioIntegraSaúde 2013 – BIS 2013 na Aula Magna José Varela de Montes del Pabellón Docente Novoa Santos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

read more →

É noticia… Conferencia “Retro-translocation of proteins from the ER to the cytosol” impartida polo profesor Oscar R. Burrone (ICGEB – Trieste – Italy)

Tags:

O próximo 26 de abril ás 12:15h da mañá terá lugar a conferencia impartida polo profesor Oscar R. Burrone (ICGEB – Trieste – Italy) na aula de seminarios do CIQUS.

read more →