Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Tags:

As investigadoras e tecnólogas da Rede de Centros Singulares de Investigación da USC súmanse ao Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, celebrado o 11 de febreiro, cun vídeo cuxos mensaxes  diríxense a empoderar ás nenas e mozas para lograr o acceso e a participación plena e equitativa das mulleres na Ciencia.

read more →

O CiQUS participa nun novo proxecto europeo centrado en terapia xénica non-viral

Tags:

Un proxecto europeo dotado con 7 millóns de euros explorará o uso de compostos de orixe natural para transportar substancias ao interior das células, prescindindo así de virus modificados.

read more →

Premio ‘Novos Líderes de Grupos de Investigación’ da RSEQ para Javier Montenegro

Tags:

O investigador do CiQUS recibe o galardón do Grupo Especializado de Química Biolóxica da Real Sociedade Española de Química polas súas investigacións punteiras no estudo do transporte a través de membranas biolóxicas usando química supramolecular, converténdoo nun referente entre a comunidade química internacional a pesar da súa curta traxectoria científica.

read more →

Crean no CiMUS novas nanopartículas contra o tumor máis agresivo

Tags:

Desenvolvida por un equipo dirixido polo investigador do CiMUS Marcos García Fuentes en colaboración co Instituto de Saúde Carlos III e a Universidade de Nottingham, a técnica está chamada a mellorar a situación dos enfermos con glioblastoma multiforme (GBM), o tumor cerebral máis común e letal, e cuxa taxa de supervivencia aos cinco anos é […]

read more →

Nova axuda ‘ERC Proof of Concept’ no CiQUS

Tags:

Javier Montenegro, investigador ‘Ramón y Cajal’ e beneficiario dunha das axudas europeas ‘ERC Starting Grant’, acada un novo recoñecemento do Consello Europeo de Investigación.

read more →

TRAFAIR, un novo proxecto para estudar o impacto do tráfico na calidade do aire

Tags:

Un novo consorcio europeo integrado por nove organizacións de España e Italia desenvolverá solucións innovadoras para analizar a variabilidade nos fluxos do tráfico rodado, co propósito de ofrecer a cidadáns e administracións unha estimación robusta, rápida e fiable sobre os niveis de contaminación e a calidade do aire.

read more →

‘Supraporous’, un novo proxecto internacional liderado polo investigador do CiQUS Javier Montenegro

Tags:

Os laboratorios do centro de investigación da Universidade de Santiago de Compostela (USC) albergarán un ambicioso proxecto financiado con preto de medio millón de euros polas axencias de catro países, que promete revolucionar o campo dos nanomateriais porosos con control nanométrico

read more →

Un sensor desenvolvido no CiQUS, premio á mellor investigación aplicada

Tags:

‘ANTS’, un microsensor de temperatura ultrasensible, foi galardoado como o mellor traballo realizado por un grupo de investigación no ámbito da investigación aplicada, segundo consta nos Premios de Transferencia de Tecnoloxía que acaba de facer públicos a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC).

read more →

II Xornada de portas abertas nos Centros Singulares de Investigación da USC

Tags:

A Rede de Centros Singulares de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela (RCSI-USC) celebra o vindeiro sábado 10 de novembro a segunda edición da súa xornada de divulgación «Ciencia Singular», un encontro que convida á cidadanía galega a coñecer in situ a investigación de excelencia que realizan CiQUS, CiMUS e CiTIUS.

read more →

Velando pola saúde do patrimonio artístico

Tags:

O CiQUS presenta unha nova ferramenta de diagnóstico para a conservación de obras de arte, capaz de detectar de xeito rápido e non invasivo síntomas de deterioración en obras ao óleo e esculturas construídas a base de plásticos.

read more →