Gobernanza

A consecución e sustentabilidade da excelencia universitaria que promove CAMPUS VIDA debe garantirse a través dunha eficiente integración das institucións académicas co seu ámbito social e económico, e, materializarse a través do desenvolvemento dunha gobernanza transparente e equilibrada entre a excelencia académica e os intereses sociais.

Para iso, CAMPUS VIDA desenvolve unha estrutura de xestión que debe garantir a activa participación de todos os axentes e a coordinación adecuada dos programas e proxectos que se desenvolvan no seu ámbito de actuación.

Pode atopar máis información acerca de cada un dos comités e comisiones que compoñen a gobernanza de Campus Vida, navegando polas pestañas inferiores:

  • O Comité de Dirección é o máximo órgano de goberno de CAMPUS VIDA, a súa principal función é validar a implantación de CAMPUS VIDA e realizar o seguimento regular do cumprimento dos obxetivos formulados, reúnese polo menos dúas veces ao año.
  • O Comité de Dirección ten entre as funcións a aprobación do plan estratéxico do Campus, así como o presuposto e o plan de traballo anual, ademais encárgase de propoñer novas líñas de actuación, accións y estratexias e de establecer o seguimiento do impacto e rendemento da oferta académica asociada ao Campus. Por outra parte encárgase de deseñar accións que fomenten sinerxías entre os diferentes compoñentes do Campus e da búsqueda de novos fondos.

Composición

  • Presidente: Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
  • Vicepresidente: Presidente do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela
  • Vocais:
    • – Un representante da Xunta de Galicia
    • – Un representante do Concello de Santiago de Compostela
    • – Na representación do Sistema Público de Saude: Xerente do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago
    • – Na representación do Sistema Público de I+D: Un representante del CSIC
    • – Na representación das Empresas Biotecnolóxicas: Un representante da empresa ADVANCELL
    • – Na representación do Sistema Universitario Galego:
      •          – 4 representantes da USC como coordinadores das Comisións de Investigación,
      •          – Docente, Social e Internacionalización)
      •         – 1 representante de cada unha das Universidades asociadas (A Coruña e Vigo)
      •         – 1 representante dos estudiantes

  • Campus Vida conta cun Comité Asesor Internacional formado por expertos das principais áreas de desenvolvemento de Campus Vdia (ciencia e innovación, desenvolvemento de bioclusters, perspectiva económica empresarial e proxección social), que ten como misión principal asesorar á Agrupación Estratéxica na posta en marcha do proxecto e establecer do cumprimento dos obxetivos de Campus Vida.
  • Desenvolvemento Científico e Innovación
  • Torsten Wiesel. Presidente Emérito da Univesidade Rockefeller (Premio Nobel de Medicina)
  • Aaron Ciechanover. Director do Instituto Technion de Israel (Premio Nobel de Química)
  • Patrick Couvreur. Profesor da Univesidad de París Sur, profesor del Collège de France e titular da cátedra de innovación tecnolóxica
  • Bob Langer. Director do Laboratorio de Inxeniería Biomédica do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (Premio Millenium)
  • Integración Cluster biomédico/saude
  • Joan Rodés. Director do Instituto de Investigacións Sanitarias IDIBAPS – Hospital Clinic
  • Montserrat Vendrell. Directora de Cluster Biotecnolóxico de Cataluña, BioCat
  • Perspectiva económica empresarial
  • José María Castellano. Presidente de ONO e Vicepresidente de La Voz de Galicia
  • Proxección social y universitaria
  • Bjorn Einar Aas. Presidente de EAIS (European Association of International Education)

  • Son as responsables de programar, supervisar e avaliar o desenvolmento das líñas estratéxicas nos seus ámbitos de actuación, así como el propoñer os plans de acción para a súa materialización:
  • Comisión docente. Formada polos coordinadores dos programas de máster e doutorado asociados á Escola de Doutorado Internacional, representantes dos decanos e dos centros de investigación asociados ao foco de especialización do Campus.
  • Comisión científica e de innovación. É a encargada de velar pola axeitado despregamento da Rede de Centros Singulares de Investigación, do ecosistema de transferencia do coñecemento e desenvolmento tecnolóxico das grandes infraestructuras de apoio á investigación. Está presidida polo Vicereitor de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela, e está integrada por un representante de cada unha das instituciones de I+D, 3 representantes das Empresas que forman a Agrupación Estratéxica e un representante de FEUGA.
  • Comisión social. Presidida polo Presidente do Conselo Social da Universidade de Santiago de Compostela, está integrada por representates dos sectores económicos e sociais de Campus Vida, e un representante dos colectivos de estudantes.
  • Comisión de internacionalización. Formada por un representante das oficinas de relacións internacionais ou de cooperación internacional de cada unha das institucións que conforman a agregación de I+D do Campus, así como un representante empresarial designado polas empresas asociadas, e un representante dos colectivos de estudiantes.
  • Desde unha perspectiva técnica, é o órgano de supervisión da xestión do proxecto de Campus Vida, incluíndo:
    • Xestión administrativa do Campus
    • – Impulso e coordinación da execución das accións promovidas polo Comité de Dirección e as comisións Sectoriais para o desenvolvemento e execución do proxecto
    • – Elaboración dos Indicadores, proxectos e Informes anuais de actuación e a económica para su remisión o Comité de Dirección
    • – Xestión das actividades de “networking”
    • – Coordinación do Programa de Transferencia y seguimento da implantación dos servicios asociados
    • – Coordinación do Programa de Internacionalización
    • – Coordinación e Seguimento do Programa de Captación de Talento
    • – Coordinación do Programa de Comunicación e das estrategias de Divulgación científica e tecnolóxica
    • – Coordinación das propostas de concurrencia a subprogramas do Campus de Excelencia o de outras convocatorias públicas e supervisión da xestión dos fondos concedidos nas mesmas