Campus Vida foi recoñecido coa cualificación de Campus de Excelencia Internacional polos Ministerios de Educación e Innovación no ano 2009.
CAMPUS VIDA xorde como consecuencia natural da evolución das capacidades da Universidade Santiago de Compostela e a vertebración co seu entorno académico, científico, tecnolóxico e socioeconómico, conformando un proxecto sustentado na intelixencia colectiva para alcanzar a excelencia universitaria sobre a xestión do talento, a internacionalización, a innovación en Ciencias da Vida, o impacto no crecemento económico e a aposta pola calidade de vida.
CAMPUS VIDA articúlase ao redor da calidade e internacionalización da súa oferta docente, plenamente integrada no marco do EEES, para potenciar a súa Escola de Doutoramento Internacional como base para a atracción e formación dos mellores investigadores, así como o óptimo desenvolvemento profesional dos seus titulados.
CAMPUS VIDA promove un novo modelo de organización da investigación baseado na colaboración estable entre a investigación pública, o sector sanitario e a entorno empresarial biotecnolóxico para, a partir da excelencia científica, actuar como un vector de crecemento económico e social.
A participación do conxunto das Universidades de Galicia, a colaboración activa do Sistema Sanitario Galego e a integración de 18 socios públicos e privados estratéxicos, sitúa a CAMPUS VIDA como o biocluster máis importante e dinámico do noroeste hispano portugués e avala o seu obxectivo de converterse nun dos 100 biocampus mellores do mundo.
Síguenos en...