Campus Vida preséntavos un dos proxectos que está a levar a cabo o CITIUS

O CITIUS, Centro de Investigación das tecnoloxías da información, é un dos centros singulares integrados en Campus Vida, cuxo obxectivo é desenvolver unha investigación de excelencia no ámbito das Tecnoloxías da Información (TIN) e levar a cabo actividades de I+D+i cun enfoque moi innovador.

Dentro dos proxectos de investigación que están a desenvolver no centro, hoxe querémosvos dar unhas pinceladas do proxecto denominado “Análise de textos e recuperación de información para minaría de opinións: recuperación de información e aprendizaxe automático, ATRIO-USC“.

As ferramentas de Minería de Opinións (OM) aparecen como un instrumento valioso, pois permiten aos consumidores agregar e resumir opinións, e proporcionan a fabricantes e distribuidores un mecanismo para realizar o seguimento das opinións dos usuarios. As ferramentas de OM existentes actualmente presentan dous grandes inconvenientes:

  • aplican un coñecemento moi superficial dos textos, o que conduce a análises equivocadas e/ou confusas;
  • a súa capacidade para xestionar textos en castelán é moi limitada ou nula.

No CITIUS, desenvolven todo o proxecto tomando o español como lingua primaria de desenvolvemento, co fin de promover a comunidade hispanofalante ao primeiro nivel no ámbito de OM e contribuír con iso a diminuír a brecha dixital existente entre o inglés e as demais linguas.

Os obxectivos deste proxecto son:

  • Deseñar e implementar métodos efectivos para localizar, obter e representar información baseada en opinión en lingua española.
  • Deseñar, implementar e avaliar técnicas eficaces de recuperación da información para obter fragmentos de opinións sobre unha temática determinada.
  • Crear e compilar os recursos de apoio axeitados para tarefas de minería de opinións sobre textos en español.
  • Definir as tecnoloxías precisas para executar técnicas de minería de opinións sobre opinións expresadas en español.
  • Deseñar, implementar e avaliar métodos para estimar a subxectividade de textos e a súa orientación.
  • Deseñar, implementar e avaliar métodos para presentar resumos de opinións aos usuarios.
  • Desenvolver unha aplicación web que incorpore métodos, recursos e técnicas descritos anteriormente e que ofreza opinións sobre consultas ou temáticas especificadas polo usuario.

Este proxecto está dirixido por David E. Losada Carril e se estima finalizarase en decembro de 2013. Está financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación (MICINN).

 

 

 Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.