Campus Vida comprométese coa igualdade a través dos Premios á introdución da perspectiva de xénero na docencia e investigación.

Convocouse a segunda edición dos “Premios á introdución da perspectiva de xénero na docencia e investigación” que recoñecen experiencias educativas innovadoras e traballos de investigación sobre a relación e roles da igualdade de xénero coa finalidade de fomentar a calidade e a innovación educativa dende a perspectiva da igualdade de oportunidades para ambos os dous sexos.

O premio é unha iniciativa da Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade a través da Oficina de Iguadade e Xénero e considera 2 modalidades de participación. Poderanse presentar experiencias educativas innovadoras relativas á inclusión da perspectiva de xénero na docencia dentro da USC, realizadas nos últimos 3 anos e que supoña algún tipo de práctica docente susceptible de ser ampliada ou xeneralizada a outros contextos do ensino superior. A segunda modalidade posible de participación está reservada para traballos de investigación desenvolvidos nos 3 últimos anos sobre as relacións e roles de xénero dende o punto de vista educativo, psicolóxico, social, histórico, lingüístico, filosófico, biolóxico, sanitario, etc.

Premiaranse ata un máximo de 6 experiencias que o xurado seleccione pola súa calidade ou beneficios con premios que van dos 500 aos 1500 euros. A admisión de propostas remata o 30 de setembro.

Pode obterse máis información sobre a convocatoria na páxina web da Oficina de Igualdade de Xénero(http://www.usc.es/oix).Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.