Comeza Biospain 2014, unha das citas do sector biotecnolóxico máis importantes do mundo, na que colabora a USC

home-about-biospain A Universidade de Santiago participa na organización da feira Biospain 2014, un dos eventos de referencia internacional no sector biotecnolóxico, que terá lugar estes días 24, 25 e 26 en Compostela. Para a institución compostelá, co seu Campus Vida ‘Campus de Excelencia Internacional’, esta será unha oportunidade destacada de mostrar a investigación de primeiro nivel que nela se desenvolve no ámbito das novas tecnoloxías e das ciencias da vida.

A Universidade de Santiago terá presenza en diferentes stands da mostra, concretamente no da Xunta de Galicia, nos dos proxectos Innopharma e Transbio, así como no doutras entidades como IDIS ou Bioga e no desenvolvemento do programa científico coa presenza de investigadores e investigadoras universitarias.

En Biospain 2014, a cuxa inauguración este mércores asiste o reitor Juan Viaño, participarán as principais empresas do sector biotecnolóxico español e internacional, o que servirá para establecer ou reforzar vínculos e colaboracións dentro das xuntanzas de Partenering que se levarán a cabo.

Ademais, como parte da feira tamén terá lugar unha Career Fair destinada a estudantes interesados en asistir ao encontro e contactar con empresas do sector con ofertas de traballo e con institucións que ofrecen cursos de formación especializada.Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.