O Prof. Luis Castedo, premio GEPRONAT 2012 á Excelencia na Investigación

Luis Castedo, catedrático de Química Orgánica da Facultade de Química da USC, recibiu o premio á excelencia en investigación outorgado polo Grupo Especializado de Química de Produtos Naturais (GEPRONAT) da Real Sociedade Española de Química.

read more →

Un equipo do grupo ACUIGEN, monta o primeiro laboratorio universitario do peixe cebra de Galicia

O obxectivo do grupo, dirixido por Laura Sánchez Piñón, é investigar, neste peixe tropical de auga doce, un dos modelos máis usados para a experimentación en xenética e biomedicina pola facilidade no seu manexo e a facilidade de procreación.

read more →

Beatriz Blanco investigadora do CiTIUS acada o apto cum laude na súa tese sobre fotosensores nas tecnoloxías avanzadas de CMOS

A investigadora do CiTIUS Beatriz Blanco vén de opter a cualificación de apto cum laude para a súa tese “Modelización e caracterización de fotosensores pequenos nas tecnoloxías avanzadas de CMOS”.

read more →

Investigadores galegos participan na primeira edición do curso Gradschool, para adquirir competencias como a comunicación, fundamentais para completar a súa formación

Tags:

A Fundación Barrié importa a Galicia, dende Reino Unido, un programa que foi creado en 1968, e que vai dirixido a mozos investigadores galegos que cursan o seu segundo ou terceiro ano de doutorado, nas universidades galegas e cuxo obxectivo principal é que aprendan a comunicarse e traballar en equipo.

read more →

A USC organiza varias actividades de divulgación da ciencia e da cultura innovadora

Tags:

A USC desenvolverá entre o 2012 e 2013 seis iniciativas de divulgación da ciencia e da cultura innovadora con achegas económicas da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT).

read more →

Mentor-Emprende un buscador web especializado en emprendimiento e desenvolvido por investigadores do CITIUS

David Losada e Manuel Lama, investigadores e especialistas en emprendimiento e computación da Universidade de Santiago de Compostela desenvolveron “Mentor-Emprende”, un innovador concepto de buscador web especializado no ámbito do emprendimiento e do proceso de creación de novas empresas.

read more →

Paula López, investigadora do CITIUS, logra o primeiro título de propiedade industrial dunha topografía de semicondutores

A investigadora do CiTIUS, Paula López Martínez obtivo, a través da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC, o primeiro título de propiedade industrial dunha topografía de semicondutores lograda por unha universidade española.

read more →

O CIQUS contará dende mañá mércores e ata o xoves coa visita do físico Paul Tavan

Mañá mércores, o CIQUS, organiza a conferencia titulada, “Conformational changes in BLUF domains”, impartida polo prof. Paul Tavan, enmarcada dentro do ciclo de conferencias “Frontiers inScience” de Campus Vida. A conferencia terá lugar en aula seminario do edificio CIQUS, ás 12 do mediodía.

read more →

O CITIUS organiza este próximo xoves unha xornada achega o HTML5

A xornada, que terá lugar o vindeiro día 11 de Outubro, ás 12 horas no salón de actos da ETSE, repasará a evolución dos estándares web desde os seus comezos ata o HTML5 actual.

read more →

O pasado 25 de Setembro se celebro o 3º Foro Nanovalor onde participou a USC

Tags:

A USC participa xunto a outras institucións galegas, como o FEUGA e institucións do norte de Portugal, na organización do 3º Foro Nanovalor dedicado á nanotecnoloxía.

read more →