A USC convoca este ano tres prazas para docencia clínica de Medicina

Tags:

Ás prazas de Ramón e Cajal e Starting Grant e ás 15 prazas para os investigadores do programa Isidro Parga Pondal da promoción do ano 2006 que se convocarán este mesmo ano na Universidadehaberá que sumar outras tres, correspondentes a profesores vinculados da área de Medicina que a Xunta autorizou a falta dunha reunión co Sergas. Así o explicou o reitor da USC, Juan Casares Long, que tamén aclarou […]

read more →

Un grupo do Inibic gaña o premio Rafael Hervada de investigación

Un traballo sobre o efecto de determinados fármacos para evitar o proceso de desorganización celular no cancro de vexiga que determina a aparición de metástase obtivo o premio Rafael Hervada de investigación, que convoca o Hospital San Rafael e cuxo fallo se deu a coñecer onte.

read more →

O IDIS participa en catro propostas presentadas a convocatorias do programa Health da Unión Europea

Na pasada convocatoria do programa Health son catro as propostas con participación de grupos IDIS. “END-HF, Diet nutrients can regulate the epicardial adipose tissue for heart failure prevention or treatment”, está liderado polo grupo Cardioloxía.

read more →

Itinerario de Investigación e Innovación Biosanitaria

O Itinerario de Investigación e Innovación Biosanitaria, xorde como unha proposta da Plataforma de Innovación Sanitaria da Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde promovida dende a Sub. Xeral de Investigación, Docencia e Innovación e a FEGAS, para implementar un proxecto de innovación formativa, en construción permanente, que posibilite unha xestión efectiva, da circulación do coñecemento en […]

read more →

Decoceras, unha spin-off da USC, na final do Premio RedEmprendia

Tags:

RedEmprendia, é unha rede universitaria iberoamericana, formada por 20 universidades, que busca promover a transferencia de coñecemento, e desenvolvemento tecnolóxico, e a innovación e o emprendemento responsable.

read more →

Onte comezou a Conferencia virtual Electrónica sobre Química Orgánica Sintética

Tags:

Onte arrancou a décimo sexta edición da Electronic Conference on Synthetic Organic Chemistry organizado dende a Facultade de Ciencias de Lugo (baixo a coordinación dos profesores Julio Seijas Vázquez e Piar Vázquez Tato), e desenvolverase durante todo o mes de novembro.

read more →

A USC xera case o 40% da produción científica de Galicia, segundo un estudo realizado pola Fundación Barrié.

A Fundación Barrié, elaborou un informe, titulado “A Ciencia en Galicia”, onde segundo os datos recompilados, a Universidade de Santiago, é a líder indiscutible en produción científica na nosa comunidade, mentres que o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), é xa a terceira institución da comunidade en número de publicacións e no impacto das súas investigacións.

read more →

O II Symposium ” In vitro” Models and Translational Research in Biomedicina, reuniu 130 investigadores

Expertos de Londres, Milán, París, Barcelona e Israel expuxeron modelos que simulan o que lle pasa ao paciente, modelos que reproducen enfermidades no laboratorio, co obxectivo de conseguir aplicacións para os pacientes.

read more →

A USC lidera a produción científica en matemáticas

Tags:

A USC lidera a produción científica no ámbito das matemáticas en España. Así establéceo o ránking da Universidade Nacional deTaiwán, que basea o seu listado en criterios bibliométricosconcentrados en produtividade, impacto e excelencia investigadora.

read more →

O Profesor Chris Abell, investigador e emprendedor, visitará o CIQUS, a vindeira semana

O Catedrático en Química Biolóxica da Universidade de Cambridge, o Prof. Chris Abell, visitará o CIQUS e durante a súa estanza na nosa Universidade impartirá dúas conferencias. Impartirá as conferencias tituladas, “Estratexias en química biolóxica e o descubrimento de fármacos baseadas en fragmentos” e “The reluctant entrepreneur – spinning out of Chemistry”, onde relatará a […]

read more →