Anxo Carracedo, María José Alonso e José Castillo no consello asesor da ministra de sanidade

Estes tres profesionais galegos da medicina e que forman da USC, son parte dos seis profesionais galegos que foron elixidos pola ministra Ana Mato para formar parte do Consello Asesor de Sanidade (CAS), integrado por 35 membros. Ademais de Anxo Carracedo, María José Alonso e José Castillo, o selectivo grupo péchano, Alfonso Castro Beiras, do Chuac; Mercedes Carreiras, subdirectora no Sergas, e Diego Murillo, xinecólogo pontevedrés.

Este pasado luns, o CAS quedo constituído de forma oficial, reactivándoo despois de levar varios anos inoperativo. O obxectivo é que os 35 membros do consello asesor, expertos en distintas áreas como son a medicina, a investigación, a enfermaría, a ética e a economía, aconsellen o ministerio. Haberá ademais unha comisión permanente de 12 membros na que participará Alfonso Castro Beiras.

A ministra Ana Mato pediu a creación dun libro branco sobre os profesionais sanitarios coa meta de coñecer se España ten un déficit de persoal en determinadas áreas. A achega do CAS, complexa e ampla, abranguerá temas estratéxicos tan diversos como a conveniencia dun novo modelo dos núcleos asistenciais ou cambios no xeito de introducir as innovacións tecnolóxicas nos centros sanitarios.

Propuxéronse xa cinco ámbitos de traballo: Planificación e sostibilidade, para abordar as prioridades asistenciais en función de factores como a evolución do gasto sanitario ou o envellecemento da poboación española; recursos humanos, onde terá encaixe o libro branco do sector; calidade, innovación e investigación, co complexo obxectivo da desburocratización e a aplicación de novas tecnoloxías; promoción da saúde, con especial incidencia na educación en hábitos saudables, en relación co aforro en gasto asistencial; e atención sociosanitaria, punto no que as propostas buscarán a forma de levar á práctica a coordinación entre os servizos sanitarios e sociais.Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.