Alejandro Vilar, estudante de Física en Campus Vida, vencedor da XVI Olimpíada Iberoamericana de Física.

O ano 2011 quedará na memoria de Alejandor Vilar López, porque non só foi a mellor nota das probas galegas de acceso á Universidade, ou quedado 2º na fase autonómica, representando á USC, senón que culminou o seu ano incluíndo o seu nome no cadro de honra das Olimpíadas de Física celebradas en Guayaquil (Educador), competición na que participaban medio centenar de persoas representando unha vintena de países.

A delegación española tróuxose dous oros e dous platas, sendo o país con mellor cualificación. E para conseguilas os seus catro integrantes superaron dúas probas, unha proba experimental de cinco horas, nas que debían calcular o índice de refracción do vidro, e outra da mesma duración, onde demostraron os seus coñecementos teóricos.

Alejandro, non só tráese a vitoria de Ecuador, senón “unha experiencia cultural intensa e fortemente enriquecedora”, ademais de que se reforzou a súa percepción do espazo Iberoamericano, “antes algo frío”, mentres que agora “se apoderou dun anaco do meu corazón, que se sente ata certo punto iberoamericano,”.

Alejandro ademais sinalo ao departamento de comunicación da USC, que “quedar por diante do adversario, e competir contra un mesmo, vencer un problema un problema que se fórmula e que se sae do típico que resolves todos os días de forma mecánica, o que engade un punto de interese,”. Xa sexa na fase iberoamericana, nacional ou autonómica, a participación foi “evidentemente única”.

Nestes momentos, Alejandro segue cursando o Grao de Física na USC, escollendo este campo “porque me gusta e porque quero pensar que dalgunha forma se me dá ben”, intentando “saciar a súa curiosidade e as súas ansias de coñecemento”.Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.