A Xunta impulsa un proxecto innovador para a rexeneración ósea levado a cabo pola empresa galega Keramat

Keramat, empresa creada como resultado das investigacións científicas levadas a cabo polo Departamento de Biomateriales del Instituto de Cerámica da USC, recibiu 600.000 euros de Industria.

A empresa ten como principal obxectivo o desenvolvemento, fabricación e comercialización de biomateriais cerámicos, e converteuse en é xa o segundo proxecto apoiado polo novo fondo de capital risco i2c da Consellaría de Economía e Industria.

Situada no polígono empresarial Novo Milladoiro, de Ames, xera 14 postos de traballo de alta cualificación e ampliará en máis dun 60% o seu equipo, incorporando nove traballadores máis ao longo dos próximos tres anos.

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, destacou, que o Fondo i2C, dotado con 20 millóns de euros destínase aos proxectos empresariais cun alto compoñente de I+D+i, é dicir, a empresas que aposten pola innovación, unha innovación que de como resultado unha empresa con futuro.

Keramat, grazas á súa vocación pola innovación e a mellora continua converteuse nunha realidade de negocio asociado aos biomateriaies para rexeneración ósea, un mercado con taxas de crecemento anual que se sitúan en torno ao 15-20%-20-20 e que se están a orientar cara aos biomateriaies sintéticos como os que fabrica a empresa, por estar libre de antíxenos, ter unha produción totalmente controlada e ofrecer unha mellor resposta biolóxica.

A compañía estableceu unha estratexia de crecemento e liderado no sector, e encóntrase presente en países como Italia, Turquía, Israel e Alemaña. e quere continuar en mercados de países como Rusia e Estados Unidos, potenciando no seu plan de negocio a fabricación a terceiros e as materias primas.

Os produtos que desenvolven están enfocados a diminuír o tempo de recuperación do paciente e poden ser usados en especialidades como a traumatoloxía, a neurocirurxía, a odontoloxía ou cirurxía maxilo-facial, así como tamén en veterinaria.

Trátase ademais da única compañía española experta en bioinxeniería ósea con marcado CE no campo das biocerámicas, dedicando ao control de calidade máis do 15% da súa produción e realizando parte deste control de xeito externo no Instituto de Cerámica da USC.Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.