A USC xera case o 40% da produción científica de Galicia, segundo un estudo realizado pola Fundación Barrié.

A Fundación Barrié, elaborou un informe, titulado “A Ciencia en Galicia”, onde segundo os datos recompilados, a Universidade de Santiago, é a líder indiscutible en produción científica na nosa comunidade, mentres que o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), é xa a terceira institución da comunidade en número de publicacións e no impacto das súas investigacións.
A institución académica compostelá participou en preto de 40% das publicacións científicas que se xeraron na comunidade no último lustro ou o que é o mesmo, o 57% das que realizou o Sistema Universitario Galego.

Mentres no ránking absoluto, á USC lle corresponde o 38,6% das investigación, o CHUS asinou aproximadamente o 12% das publicacións xeradas en Galicia. A Universidade de Vigo, pola súa banda, xerou no último lustro preto do 23% das investigacións e á Universidade de Coruña correspóndelle o 10,8% da ciencia xerada na comunidade. Unha de cada catro investigacións publicadas entre o 2005 e o 2010 eran de medicina clínica, o que indica a importancia da investigación médica en Galicia.

En canto ao impacto científico, é dicir, as mencións obtidas pola ciencia gallea entre 2005-2010, a USC representa unha media anual do 44,2%, vinte puntos por enriba da Universidade de Vigo e case 35 puntos sobre a da Universidade de Coruña. Tamén as investigacións saídas do CHUS, teñen un alto impacto, con preto de 10700 citas. O CHUAC, pola súa banda, rubricou o 7% da investigación en Galicia e as súas publicacións foron citadas 6000 veces. O complexo hospitalario vigués xerou o 4,3% da produción científica galega, recibiu máis de 3500 citas.

Á investigación do CHUS hai que sumar tamén a realizada polo Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS), que en só un ano conseguiu multiplicar por catro o número inicial das súas publicacións e, aínda que só xera o 0,4% das investigacións en Galicia, o 81,3% das súas publicacións se realizaron en revistas do primeiro nivel. É a entidade que rexistrou a maior porcentaxe de publicacións nestas revistas.

Ademais, os grupos que forman parte dos Centros de Investigación Biomédica en Rede e da rede temática de investigación cooperativa sanitaria do Instituto de Saúde Carlos III aumentaron exponencialmente a súa produción, pasaron dun documento a 38, e, do total de publicacións xeradas por estes grupos, a maioría corresponden a investigadores do CHUS en fisiopatoloxía da obesidade e a nutrición. Todo eles integrados no Campus de Excelencia Internacional, Campus Vida.Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.