A rede Española Matemática-Industria convértese en realidade en Santiago.

O pasado venres, 30 de Setembro, se constitúo en Santiago de Compostela, a Rede Española Matemática-Industria, cuxo obxectivo xeral é incrementar o uso das técnicas e métodos matemáticos nos distintos sectores produtivos.

Nesta rede, participan 19 universidades españolas e 30 grupos de investigación, con case 300 investigadores e persoal de apoio. Pero a elección de Galicia para o acto de constitución non é casual, xa que nove grupos de investigación son galegos e que xunto co Cesga xogaron un papel especialmente relevante na plataforma Consultoría do proxecto i-Math, centrado no fomento da transferencia de tecnoloxía matemática á industria. Hai que sinalar que o 58,5% dos contratos con empresas e o 31% dos proxectos de investigación competitivos os realizaron os grupos galegos, o que sitúa a Galicia como líder no ámbito da matemática industrial, estando máis preto o objtetivo de converterse nun referente internacional neste campo.

A Rede nace como unha evolución do proxecto Consolider Ingenio Mathemática (i-MATH)1 que conseguiu o labor da difusión, información e establecemento de relacións entre a universidade e a empresa e do que xurdiron numerosas colaboracións e contratos entre os grupos de investigación e a industria, que se espera, se verán incrementados nos próximos anos. O marco de actuación deste proxecto remata en abril de 2012, e de aí a creación desta rede, que permitirá dar continuidade á actividade.

Entre os seus obxectivos específicos a tres anos figura alcanzar 100 proxectos competitivos ou contratos directos e 10 inscricións no Rexistro da Propiedade Intelectual e solicitudes de patentes, impartir 25 cursos de formación, publicar 25 artigos ou tese, crear cinco empresas de base tecnolóxica e difundir entre 900 entidades as capacidades da rede, con entidade xurídica e administrativa propia.

O acto formal de constitución conto coa participación dos reitores das Universidades de Santiago e A Coruña, Juan Casares e José María Barja, respectivamente; da vicerreitora de Investigación da Universidade de Vigo, Asunción Longo; do director xerente da Fundación CESGA, Javier García; do subdirector xeral de Fomento da Innovación Empresarial do Ministerio de Ciencia e Innovación, Luis Cueto; da presidenta da Rede, a catedrática de Matemática Aplicada da USC Peregrina Quintela, que explicou os seus principais obxectivos e expectativas; e do conselleiro delegado de FerroSolar, Ramón Ordás, que mostrou o punto de vista da industria. Asistiron ademais os presidentes da Real Sociedade Matemática Española e da Sociedade de Estatística e Investigación Operativa, membros da Sociedade Española de Matemática Aplicada, investigadores, representantes das universidades integrantes da Rede e dos gobernos das Comunidades Autónomas ás que pertencen, así como responsables das empresas e centros tecnolóxicos colaboradores.

Os presentes no acto, deron algúns exemplos de aplicación, en distintos ámbitos nos que se aplicaron técnicas matemáticas son a mellora na protección de datos nas administracións públicas, simulación do movemento de viaxeiros en aeroportos, sistemas de control de variables agroclimáticas e de ruído e vibracións en vehículos, estudos sobre eficacia e seguridade de tratamentos, planificación do transporte en cidades, simulación de procesos en instalacións de xeración de enerxía, control de calidade de procesos en metalurxia, ou predición da calidade do auxe en lagos mineiros.

 Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.