A noticia da semana…Xunta de investigadores da USC coa empresa Virbac co fin de encontrar posibles sinerxías

O pasado 4 de abril de 2013 a compañía farmacéutica veterinaria líder no sector da saúde animal, Virbac, visitou a USC co obxecto de coñecer tecnoloxías que poidan ser de interese para as súas liñas prioritarias de negocio, así como para coñecer aos distintos grupos de investigación da universidade que traballan en áreas relacionadas coa sanidade veterinaria, co fin de encontrar posibles colaboracións.Virbac foi fundada en 1968 en Carros, preto de Niza, polo Doutor en Veterinaria Pierre-Richard Dick. Tras os seus 40 anos de crecemento e evolución, Virbac segue sendo hoxe en día un laboratorio dedicado exclusivamente á saúde animal. A súa cifra de negocio en 2010 foi de 572,8 millóns de euros, situándose entre os dez primeiros laboratorios farmacéuticos veterinarios a nivel mundial. Virbac está presente en máis de 100 países, con máis de 27 filiais, e integra un equipo humano de máis de 3.150 colaboradores.

O Responsable de Licenzas e Desenvolvemento de Produtos Biolóxicos (Biological pre-Development and Licensing) en Virbac, Doutor Benoît Chatrenet, expuso as áreas de interese da empresa co fin de que encontre posibles sinerxías cos grupos de investigación máis afíns da USC. Estas áreas inclúen tecnoloxías de diagnose, así como estratexias tanto preventivas como terapéuticas aplicables a enfermidades infecciosas en animais (en especial, vacinas e produtos de diagnóstico). Outras áreas de especialización rexional inclúen as parasiticidas, tanto en animais de compañía como en animais de produción (América Latina, Pacífico e Sudáfrica) e os produtos de aplicación en acuicultura (Asia).

Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.