A noticia da semana…Utilización das novas tecnoloxías no entorno da aprendizaxe

Un gran número de estudos confirman que as tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) están axudando a mellorar o rendemento académico dos estudantes de tódolos niveis educativos sen excepción, dende a escola infantil ata o ámbito universitario.

Ruth Martínez, formadora e especialista en Consultoría Estratéxica, Innovación Educativa e Tecnoloxías Emerxentes, sinala no seu artigo do 25/0472012 en El País que a utilización da tecnoloxía non é en si mesma a que determina os bos resultados da aprendizaxe senón as posibilidades que ofrece para que os seus usuarios, neste casos os estudantes, adopten unha participación activa na utilización das mesmas que incide directamente sobre a motivación nos procesos da aprendizaxe.

A tarefa fundamental para que realmente estas novas tecnoloxías aporten valor engadido na aprendizaxe pasa non tanto por unha utilización masiva por parte dos profesores na execución e planificación das súas tarefas pedagóxicas na que os alumnos son meros receptores pasivos, senón por unha utilización activa por parte destes últimos procurando estimular a súa utilización dende unha perspectiva creativa. O rol dos profesores neste contexto sería de axudar ós alumnos a aplicar estas tecnoloxías a problemas reais, reflexando e buscando a súa aplicación práctica. O enfoque pasaría do acceso ás tecnoloxías á crear coas tecnoloxías. De feito a pedagoxía e a tecnoloxía son medios útiles para desenvolver a creatividade humana e a capacidade de resposta como sinala a autora.

Na USC hai grupos de investigación tanto do ámbito da pedagoxía coma das tecnoloxías da información e comunicación que traballan nestas cuestións, por exemplo os grupos de investigación TecnoEduc, Stellae e investigadores do CITIUS. Os seus traballos abarcan tanto o asesoramento e avaliación das TICs como instrumentos na educación e formación coma o deseño de materiais didácticos e ferramentas TICs para facilitar e avaliar os procesos de aprendizaxe.

O pasado mes de decembro creouse TELGalicia, unha rede de investigación galega que se agrupa a profesionais e grupos de investigación que traballan no desenvolvemento das TICs aplicadas ó ensino e á aprendizaxe, da que a USC forma parte activa. De feito, o 6 de maio o CITIUS acolleu as IV Xornadas da rede que contaron con dúas ponentes invitados, Inmaculada Plaza da da Universidade de Zaragoza e Davinia Hernández Leoda Universidade Pompeu Fabra que falarán sobre a calidade nas aulas e as TICs para o profesor como (co-)diseñador e (co-) orquestador de actividades de aprendizaxe respectivamente.

Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.