A noticia da Semana…Santiago de Compostela será a capital europea da biotecnoloxía en 2014

Santiago de Compostela acollerá en setembro de 2014 a sétima edición da feira BioSpain, na que se dan cita as principais empresas de biotecnoloxía do país.

A celebración de BioSpain, terá lugar no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia e contribuirá a que Galicia sexa en 2014 o “foco de atención internacional” en investigación biosanitaria e sen dúbida contribuirá ao desenvolvemento da actividade económica na comunidade e a visibilidade da biotecnoloxía galega e da de todo o noroeste peninsular en xeral.

A candidatura galega foi representada polas Consellerías de Sanidade, de Economía e Industria, de Medio Rural e Mariño e de Traballo e Benestar, e conta co apoio das tres universidades galegas (Universidade da Coruña, Universidade de Vigo e Universidade de Santiago de Compostela), co sector empresarial do ámbito da biotecnoloxía (a través do Clúster Tecnolóxico Empresarial dás Ciencias dá Vida, Bioga), do ámbito da saúde e a Sanidade (a través do Clúster da Saúde de Galicia) e polo Concello de Santiago de Compostela.

Galicia soubo asimilar rápidamente o cambio cara a un modelo de crecemento baseado no coñecemento. De feito, puxo en marcha o plan de innovación sanitaria Hospital2050 e Innova-Saúde, cun investimento de máis de 90 millóns de euros. Ademais do sector saúde, vinculado á biotecnoloxía vermella, en Galicia teñen un peso destacado, especialmente no ámbito empresarial e produtivo, o sector da agroalimentación (nutrición, forestal, biomasa…) e o sector mariño (pesca, acuicultura…), tamén ligados á biotecnoloxía verde ou agroalimentaria. Ademais, tamén conta con multinacionais da área química que utilizan a biotecnoloxía industrial ou branca nos seus desenvolvementos.

Por outro lado, os nosos institutos de investigación sanitaria, os centros tecnolóxicos no ámbito da biotecnoloxía e os nosos dous Campus de Excelencia Internacional, Campus Vida, liderado pola Universidade de Santiago de Compostela e Campus do Mar, liderado pola Universidade de Vigo, fan de Galicia, unha potencia en coñecemento e desenvolvemento de valor biotecnolóxico.

Máis información: http://www.asebio.com/Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.