A noticia da semana…Reunión da Rede Galega de Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos (REXEDE) no CIMUS

O pasado 19 de abril tivo lugar no Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS) da Universidade de Santiago de Compostela, o Taller de Traballo da Rede Galega de Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos (REXEDE). Está Red está financiada pola Xunta de Galicia, e é coordinada pola Dr.a Mabel Loza do grupo de investigación BioFarma da USC.

El obxectivo deste taller foi poñer en marcha un sistema novo de traballo co que se pretende lograr a máxima eficacia da Rede, identificando sinérxicas para avanzar e optimizar o I+D de medicamentos en Galicia:

  1. En programas de I+D cara a probas de concepto e valorización e
  2. En Internacionalización

Contouse con 56 participantes, pertencentes ás tres Universidades e Hospitais Clínicos Universitarios de Galicia e da Universidade doMinho de Portugal.

O taller consistiu de dúas partes, unha primeira de introdución dos obxectivos da Rede e de presentación de proxectos de colaboración iniciados en anteriores períodos da REXEDE e unha segunda parte na que se levaron a cabo sesións paralelas de traballo constituídas por grupos con interese para establecer sinerxías e para traballar na Rede. Os grupos de traballo son:

  • GT Química biolóxica.
  • GT Modelos in silico e experimentais na enfermidade.
  • GT Construción da quimioteca ChemBioGal.
  • GT Desenvolvemento de ensaios.
  • GT Tecnoloxía Farmacéutica e Farmacocinética.
  • GT Probas de concepto.

Sobre a base das conclusións do taller definirase a folla de ruta consensuada para o funcionamento da Rede.

Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.