A noticia da semana…Conferencia de Aníbal Figueiras, catedrático da Universidade Carlos III de Madrid e especialista en Intelixencia Artificial.

O xoves da semana pasada tivo lugar no salón de actos do CITIUS a conferencia “Intelixencia Colectiva e Aprendizaxe Máquina” ” impartida por Aníbal Figueiras, catedrático da Universidade Carlos III de Madrid e especialista en Intelixencia Artificial.

Ao longo da súa exposición, Figueiras explicou como poden usarse as técnicas de Inteligencia Computacional para analizar a información asociada a diferentes propósitos, no marco dun modelo coñecido como Intelixencia Colectiva; o seu funcionamento imita en certos aspectos o comportamento social, un ámbito no que as decisións non se toman a título persoal, senón que se teñen en conta os «puntos de vista» dos diferentes individuos na procura do consenso nas respostas.

Este tipo de aproximacións resultan especialmente prometedoras en aplicacións con grandes cantidades de datos, como as cidades intelixentes (Smart Cities) ou a tele-medicina (E-Saúde).

Neste último eido, as técnicas de Intelixencia Colectiva permitirían que unha serie de sistemas intelixentes traballen de xeito coordinado para ofrecer diferentes interpretacións dos síntomas dun paciente, facendo un diagnóstico «de consenso» a partir das respostas obtidas.

 Trayectoria

Aníbal Figueiras é doutor Enxeñeiro en Telecomunicacións pola Universidade Politécnica de Barcelona, e Catedrático de Universidade dende 1978, o profesor Figueiras exerceu nas universidades politécnicas de Barcelona e Madrid, así como na Universidade de Santiago de Compostela (USC). A súa investigación e docencia oriéntanse cara ás comunicacións dixitais, o tratamento dixital da información e a aprendizaxe das máquinas, tema central do seu relatorio.

Desenvolveu o seu labor investigadora como director de 17 proxectos e contratos de I+D internacionais e 50 nacionais, participando en moitos outros. Publicou dous libros como autor, oito como editor, e traballa como consultor e avaliador para numerosos organismos e publicacións,

nacionais e internacionais. Ao longo da súa vida académica, recibiu numerosas distincións.

Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.