A noticia da semana… Campus Vida na Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia

O pasado venres 6 de setembro, o reitor da USC, Juan Casares Long xunto cos reitores das Universidades da Coruña e Vigo, reuniuse co Conselleiro de Economía e Industria así como co Director da Axencia Galega de Innovación (GAIN). Esta reunión tivo por obxecto pechar as actividades e liñas estratéxicas de Galicia no marco da súa estratexia de especialización intelixente para o período 2014-2020, proceso no cal a USC ten participado activamente xunto con outros actores do sistema galego de innovación.

Recordemos a este respecto que a Comisión Europea esixe coma condición ex ante para o desembolso dos fondos estruturais a realización e presentación por parte de cada rexión da súa estratexia de especialización intelixente propia e individualizada na cal se definan unha serie limitada de ámbitos ou actividades de I+D+i particulares nos que se posúan ou poidan desenvolverse unha masa crítica suficiente para ser competitivos a nivel internacional.

Entre ás actividades finalmente priorizadas ocupa unha posición relevante a saúde vencellada e soportado por Campus Vida. Tamén figuran o desenvolvemento de novos materiais e a aplicación de tecnoloxías emerxentes como a nanotecnoloxía e a biotecnoloxía ás principais industrias tractoras de Galicia (téxtil, agroalimentación, automoción, naval, forestal e etc.) así coma o turismo cultural.

Por outro lado, farase un maior énfase na transferencia de coñecemento entre centros de investigación e empresas de maneira que os resultados de investigación sexan trasladados tanto o tecido produtivo galego como ó conxunto da sociedade de maneira que revirtan na mellora da competitividade do país.

Estas, serán pois as liñas que marquen as políticas de I+D+i no futuro inmediato en Galicia coas cales Campus Vida se compromete para asegurar o crecemento intelixente en Galicia e mellorar a competitividade do país.Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.