A Noticia da Semana…. A comunidade científica da USC terá acceso gratuíto, durante Xuño, ás bases de datos SCOPUS e SCIVAL FUNDING

É coñecida a importancia das publicacións para os investigadores, pero ademais dun bo traballo de investigación, é fundamental saber onde publicar, como redactar o artigo, os dereitos de autor, etc.

Conscientes desta necesidade, dende a Universidade de Verán da USC, planificouse en Lugo o curso titulado “Literatura científica: da redacción á publicación”, cuxo obxectivo é dar a coñecer o sistema de publicación científica ao futuro investigador, así como a situación actual e posibilidades futuras.

A finalidade desta actividade é coñecemento do sistema, o que facilitará o proceso de publicación e selección de revistas aos nosos investigadores, así como aumentar o índice de artigos aceptados.

A busca de información no WOK, os sistemas de citas, o uso de sistemas de xestión de información, etc. son algúns dos temas que se trataron durante as 5 sesións que durou o curso, dirixido fundamentalmente a estudantes de Máster e Doutorado e Investigadores das áreas de ciencias experimentais.

Con motivo da celebración deste, a editorial Elsevier ofrece á USC o acceso á base de datos SCOPUS de forma gratuíta, dentro do dominioUSC, ata finais de xuño (http://www.scopus.com/home.url)

Igualmente, ata finais deste mes hai un acceso gratuíto a SCIVAL FUNDING (http://www.funding.scival.com/), ferramenta de busca de financiamento a nivel mundial.Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.