A noticia da semana… A Comisión Europea traballa no Programa Estratéxico para os Programas de Traballo 2014-2016 de Horizon2020.

A prioridade principal de Europa ao comezo do Programa Horizon2020 é a saída da crise económica. Horizon 2020 pode facer unha contribución significativa a este obxectivo incrementando a competitividade, creando postos de traballo e apoiando o crecemento.

Para iso é necesario identificar aquelas áreas nas cales enfocar os recursos e o esforzo nos primeiros programas de traballo para conseguir o maior impacto posible, tendo en conta as necesidades da comunidade científica, as políticas da UE e a experiencia adquirido nos programas anteriores.

En concreto, as áreas que foron identificadas ata o momento para concentrar o esforzo e os recursos dos primeiros programas de traballo son as seguintes:

  • Medicina personalizada, onde se apoiará a investigación e innovación ao longo de toda a cadea da saúde.
  • Seguridade alimentaria sostible, dende o acceso a alimentos nutritivos e saudables e tendo en conta todo o proceso de produción.
  • Desenvolvemento do potencial dos océanos.
  • Cidades e comunidades intelixentes, buscando o desenvolvemento sostible de áreas urbanas que requiren novas tecnoloxías e servizos nas áreas de enerxía, transporte e ICT.
  • Fontes de enerxía que sexan á vez competitivas pero tamén limpas, seguras e eficientes.
  • Eficiencia Enerxética e Transporte.
  • Xestión sostible dos residuos, buscando o reciclado, a reutilización e a recuperación de materiais.
  • Innovación en áreas relacionadas coa auga.
  • Novas estruturas e estratexias de goberno en Europa.
  • Seguridade dixital en aplicacións e servizos que axude mellorar a produtividade das administracións, as empresas e os cidadáns.

Podemos observar que polo menos a metade das prioridades mencionadas encaixan coas liñas de investigación de investigadores da USC e máis en concreto coas liñas de investigación que se están a desenvolver na actualidade nos Centros Singulares de Investigación. Esta orientación dos programas de traballo nos dous primeiros anos de vida de Horizon 2020 supón unha oportunidade inmellorable para os investigadores de Campus Vida de incorporarse aos primeiros proxectos que se financien baixo este novo Programa de I+D+i da UE, Horizon 2020, cuxas primeiras convocatorias serán publicadas a comezos de 2014.

Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.