A charla do premio Nobel de Medicina Tim Hunt, contou con grande éxito de público

Unha charla que contou con grande éxito de público, presidida polo Conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez Abad, e na que tamén estiveron presentes o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Casares Long; o director do programa ConCiencia, Jorge Mira, o investigador do CIMUS, Anxo Vidal e a directora-xerente da Fundación Cidade dá Cultura, Beatriz González Loroño.

Previamente á charla, o premio Nobel ofreceu un seminario científico no edificio Novoa Santos del Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, onde se reuniron un nutrido grupo de científicos do CHUS e dos centros singulares de Campus Vida, onde comentou as súas investigacións. Tras esta charla, Tim Hunt, visitou as instalacións do CIMUS e aquí é onde mantivo varias reunións de carácter privado con diversos grupos de investigación médica, incluído cun dos científicos gañadores dunha Starting Grant. O premio Nobel destacou o gran potencial dos grupos de investigación de Campus Vida.

Xa pola tarde produciuse a conferencia na Cidade da Cultura, onde Sir. Tim Hunt intentou dar resposta á pregunta como se acende e apaga o “motor” que regula a división celular?. Explicou aos asistentes, en que se basearon as súas últimas investigacións en laboratorio e en como funciona ese interruptor impulsado por modificacións químicas.

O martes, Sir. Tim Hunt, concedeu unha rolda de prensa onde comentou que os recortes no investimento en investigación a causa da crise son “unha mala noticia” e “un risco importante” para o avance dos descubrimentos científicos, ao tempo que asegurou que “polo momento” a prevención “segue sendo o mellor xeito de evitar o cancro”.Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.