No laboratorio con… Ricardo Lage, investigador da área cardiovascular do CIMUS.

No laboratorio con… é un espazo onde semanalmente vos presentaremos, a través de 5 preguntas, o talento e a excelencia dos investigadores de Campus Vida.

Hoxe presentámosvos ao Ricardo Lage, pertencente á área cardiovascular do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela no CIMUS coordinado polo Dr. José Ramón González Juanatey. 

Nome e apelidos: Ricardo Lage

Posto / Grupo de investigación:  Área cardiovascular

Institución: CIMUS(USC)-Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela

Ricardo Lage, Doutorado no 2010 no Departamento de Fisioloxía da Universidade de Santiago de Compostela baixo a supervisión do Dr.Carlos Diéguez e o Dr. Miguel López, continuou os seus estudos traballando con aproximacións de terapia xénica para a diabete no Centro de Bioloxía Animal e Terapia Xénica da Universitat Autònoma de Barcelona dirixido pola Dr.a Fátima Bosch. Na actualidade é membro do grupo de Cardioloxía do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela coordinado polo Dr. José Ramón González Juanatey.

1. Quen é para tí o científico máis importante do século XX? Por que?

Na miña opinión, relevante é todo aquel que consiga dar un paso, marxe dos grandes saltos, que leve a aumentar a calidade e esperanza de vida das persoas. Destacaría persoalmente Frederick Grant Banting e Charles Herbert Best polo seu descubrimento da insulina e por ser un exemplo de lealdade científica.

2. Un descubrimento que cambiou o mundo Por que?

O mundo cambiámolo as persoas por como empregamos eses grandes descubrimentos, a escritura permitiu textos como El Principito ou o Mein Kampf, a electricidade permítenos alimentar instrumental médico e a cadeira eléctrica…

3. Por que decidiches ser investigador?

Estou de acordo coa inmensa maioría dos meus predecesores nesta sección, a curiosidade é un aspecto fundamental, pero decantaríame polo pracer! Como unha amiga disertou no texto da súa tese… “Non has de esperar que Ítaca te enriqueza: Ítaca concedeuche xa unha fermosa viaxe”… isto trátase abrigo do pracer da busca.

4. Cal é a túa liña de investigación máis relevante? Que resultados esperades obter e que impacto poden ter na sociedade?

As incipientes liñas de investigación que a Dr.a Isabel Moscosoproveniente do CNIC e eu, desenvolvemos como membros do grupo de Cardioloxía se centran no estudo os mecanismos de dano que conducen á morte do cardiomiocito en distintos procesos farmacolóxicos epatofisiológicos e no estudo da capacidade de diferenciación das iPS obtidas de pacientes con cardiomiopatía hipertrófica a cardiomiocitosfuncionais, así como en avaliar a capacidade rexenerativa de liñas de iPS nun modelo de infarto de miocardio en rata.

5. En que aspecto crees que o ámbito Campus Vida favorece a túa investigación?

Non cabe dúbida de que as oportunidades aumentan cando se establecen as sinerxías axeitadas. A estrutura do Campus Vida aglomera os elementos para que despois os combinemos, é unha oportunidade agora máis que nunca, entendo que a “excelencia” deste dependerá da cantidade e a calidade de “sinapse” que logremos establecer entre eses elementos.Facebooktwittergoogle_pluslinkedinmail

Comments are closed.