A RSEQ concede ao Profesor Ricardo Riguera la Medalla Félix Serratosa

O Grupo Especializado de Química Orgánica da Real Sociedade Española de Química galardoou ao Profesor Ricardo Riguera Vega coa Medalla Félix Serratosa, na súa edición de 2013, como recoñecemento a “a traxectoria profesional especialmente destacada na Química Orgánica nacional e internacional”. A entrega oficial terá lugar durante a Reunión Bienal da Real Sociedade Española de Química, en Santander, dos días 15 ao 18 de Setembro de 2013.

O Prof. Riguera, que actualmente lidera un grupo de investigación altamente competitivo no Centro de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS), é autor de máis de 200 artigos nas revistas científicas máis prestixiosas, varias patentes e capítulos de libro, director de 23 teses de doutorado e investigador responsable de numerosos proxectos de investigación.

Tras unha frutífera traxectoria no terreo dos produtos naturais de orixe mariña nas décadas dos 80-90, o Prof. Riguera traballou posteriormente no desenvolvemento de métodos baseados na resonancia magnética nuclear (RMN) para a determinación da configuración absoluta de compostos quirales, temática na que o seu grupo é recoñecido como líder a nivel internacional.

Actualmente os seus intereses científicos céntranse no desenvolvemento de nanoestruturas poliméricas para aplicacións biomédicas e no deseño de polímeros dinámicos para aplicacións estímulo-resposta, liñas de investigación que desenvolve xunto ao seu grupo no CIQUS e cuxos resultados están a publicar nos xornais científicos de maior impacto na área da Química.Facebooktwitterlinkedinmail

Comments are closed.